A AMTEGA vén de ampliar a 200 Mbps a velocidade de conexión
a Internet do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo, EEI As Dunas
Panxón de Nigrán, IES Julio Prieto Nespereira de Ourense, CEIP Luís Pimentel de
Lugo, e o IES San Paio de Tui . Grazas a esta mellora os
centros, que contaban cunha liña de 8 Mbps, terán un acceso máis efectivo
á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun
maior número e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo
de resposta adecuado.
O CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo, o EEI As
Dunas Panxón de Nigrán, o IES Julio Prieto Nespereira de Ourense, o CEIP
Luís Pimentel de Lugo, e o IES San Paio de Tui, son algúns dos máis de
2.300 centros de servizos públicos beneficiados polas melloras previstas no
novo contrato de telecomunicacións da Xunta, que entrou en vigor este ano.
Durante tres anos a Administración autonómica incrementará, en máis do triplo
de media, o largo de banda de 1.014 centros da área de Educación, 119 de
servizos sociosanitarios e 45 sedes xudiciais. Máis da metade dos 2.300
centros nos que se realizarán melloras contarán con conexións á Internet de 100
ou 200 Mbps.
A día de hoxe máis de 250 centros educativos contan con
conexións de 100 ou 200 Mbps e desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta
permitiron multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros
educativos dependentes da Administración autonómica. Así, en 2009 a
velocidade media situábase en 5,6 Mbps fronte aos 20,5 Mbps de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario