A aplicación da LOMCE continúa creando confusión e desorde co inicio de curso en secundaria.
A CIG-Ensino reclamou desde o inicio deste
ano o adiamento e mesmo a paralización da LOMCE, pois a experiencia do
acontecido o pasado ano en primaria auguraba que este curso se repetiría
a situación de caos provocada pola súa imposición en secundaria. E,
efectivamente, isto é o que se está a producir, repercutindo moi
negativamente no profesorado e no alumnado, vítimas inmediatas da
teimosía e improvisación do goberno da Xunta. Durante este mes de
setembro, o profesorado galego tivo que realizar un traballo ímprobo
que, aínda por riba, ten pouco resultado práctico. A isto aínda hai que
lle sumar a diferenza de criterios que están aplicar os inspectores, que
afectan mesmo ás datas de entrega das programacións.
É insólito que se lle exixan ao profesorado as programacións antes do 15 de setembro, cando se produce o cambio de modelo e de criterios que estabelece a LOMCE, sen que aínda hoxe a Consellaría promulgase unha norma que servise de guía para o profesorado e unha formación axeitada
que lle permita elaboralas, segundo o imposto nesta lei. Como se pode
pretender que se recollan nunha programación, que debería estar
finalizada o día de inicio de curso, 15 de setembro, aspectos que
deberían requirir unha formación que os e as docentes no recibiron e
unha coordinación, por exemplo, entre o profesorado das materias
lingüísticas? Como se pode elaborar adecuadamente unha programación
didáctica con aspectos novidosos e sen ter o tempo necesario para
facelo? Isto levou a que algunhas inspeccións flexibilizasen esa data e outras non.
Deste xeito, constátase unha vez máis o desprezo da Consellaría cara ao
profesorado, ao non asumir a súa responsabilidade e obrigas, que non
son outras que formar, orientar e informar o profesorado sobre os
criterios e formulación das novas programacións. No entanto, isto non
vai ser inconveniente para que moitas inspeccións actúen despois
de maneira puntillosa, burocrática e absurda e non coa función que lles
corresponde que é asesorar.
A CIG-Ensino considera que a Consellaría debe facilitar o traballo do profesorado, coidando de que os centros conten co tempo necesario para poder realizar o traballo nas condicións debidas e co obxectivo de que sexan útiles para o traballo na aula. Por este motivo a CIG-Ensino esixe da Consellaría:
Por outro lado, a CIG-Ensino reclama que se garanta que:
A CIG-Ensino considera que a Consellaría debe facilitar o traballo do profesorado, coidando de que os centros conten co tempo necesario para poder realizar o traballo nas condicións debidas e co obxectivo de que sexan útiles para o traballo na aula. Por este motivo a CIG-Ensino esixe da Consellaría:
- Que se amplíe, polo tempo necesario e suficiente, o prazo de entrega das programacións.
- Que a inspección educativa informe de xeito coordinado e dea instrucións claras, axeitadas e uniformes para a elaboración das programacións didácticas, tendo en conta a opinión do profesorado.
- Que explique como vai concretar para cada “estándar de aprendizaxe avaliábel” a temporalización, os mínimos exixíbeis e os instrumentos e procedementos de avaliación, pois, por exemplo, para un só curso, como é 3º de ESO en Lingua Galega e Literatura, contamos con 113 estándares.
- Que se especifique, así mesmo, como se concreta isto día a día, tarefa a tarefa, mínimo a mínimo; canto tempo levará en elaborar tal programación, páxinas que ocuparía , quen se ocupara de ler todas e cada unhas das programacións didácticas resultantes de tan inxente labor. De que servirá unha programación didáctica se ninguén a vai ler e sobre todo se ninguén a vai poder levar a práctica realmente? Obviamente máis burocratización e traballo innecesario.
- Que se oferte formación en horario lectivo para todo o relacionado coa elaboración das programacións.
- Que se publique unha nova orde de validacións, necesaria tras os cambios introducidos pola LOMCE.
Por outro lado, a CIG-Ensino reclama que se garanta que:
- o alumnado poida escoller entre as materias tradicionalmente consideradas “optativas”, sen as restricións que agora provoca o feito de seren consideradas estas en bloques distintos: Específicas de opción / Libre configuración autonómica”.
- todos os centros conten en bacharelato cunha materia alternativa á Relixión, de maneira que o alumnado non se vexa obrigado de maneira indirecta a ter que optar pola formación relixiosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario