Nigrán mudará este sábado a lápida dun mestre republicano ao galego e impulsará que as liturxias funerarias sexan neste idioma.
O Concello de Nigrán promoverá o uso do galego nos actos fúnebres
cunha cerimonia na que se cambiará a este idioma a lápida do mestre
republicano José Vázquez Grela, fusilado en 1936, e cunha firma pública
de últimas vontades aberta a quen queira deixar testemuño de que, tras a
súa morte, a liturxia sexa na lingua da Comunidade Autónoma.
Segundo informa o concello nun comunicado, este acto, que se celebra con motivo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, será este sábado no cemiterio de San Fiz (Ceán) ás 12.00 horas,
Antes, descubrirase unha placa á entrada do camposanto coa lema "En memoria de todas as persoas que aquí xacen, porque grazas a elas Galicia segue a ter cultura e lingua de seu".
O alcalde de Nigrán, Juan González, sinala que esta medida é "un paso
máis" no apoio á lingua galega e na recuperación da memoria histórica. O
seu obxectivo é contribuír a que "cambie esa mentalidade que evita o
galego nos cemiterios", a conta de que só una de cada mil lápidas están
escritas neste idioma.
O rexedor móstrase ademais "especialmente orgulloso"
de homenaxear a figura de Vázquez Grela, "unha persoa comprometida
socialmente que quixo levar o ensino a todas as esquinas do municipio e
lograr a alfabetización universal como primeiro paso para lograr unha
sociedade máis xusta". O Concello non descarta realizar o ano que vén
máis actos nesta liña
Ningún comentario:
Publicar un comentario