Hoxe
celébrase no edificio CINC da Cidade Cultura a nova edición dun
evento histórico dentro das nosas citas empresariais centradas no
desenvolvemento das novas tecnoloxías dixitais. Falamos de
GaliciaTIC,
unha xuntanza que amosa os avances do noso sector tecnolóxico-dixital
e que exerce tamén de emprazamento para o intercambio de coñecemento
arredor da Sociedade da Información. O evento foi inaugurado a
primeira hora da mañá pola directora da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA),
Mar Pereira, que recordou aos presentes a calidade e o carácter
referencial dos devanditos avantes. Segundo fixo saber, os galegos
contamos cun sector TIC capaz de afrontar os desafíos da economía
dixital.
Pereira
engadiu que os cambios
económico-sociais e as novas tendencias tecnolóxicas precisan dun
chimpo cualitativo no emprego das novas tecnoloxías, “o obxectivo
de contribuír ao medre na Comunidade”. Ao fío disto,
engadiu que este que vivimos é o intre xusto de “avanzarmos un
paso máis na mellora do benestar dos cidadáns, potenciando o uso da
tecnoloxía para ofrecerlles servizos que respondan mellor ás súas
demandas e que se adianten ás novas tendencias económicas e
sociais”. Pereira recordou tamén que a Administración autonómica
está a apostar por “un modelo de crecemento vinculado á economía
dixital”, que dea lugar ao desenvolvemento de “solucións
innovadoras xeradoras de novas vantaxes competitivas para os axentes
e empresas da nosa Comunidade”.
Volvendo
a GaliciaTIC e ao seu desenvolvemento ao longo de hoxe, sinalar que
os grandes eixes temáticos da presente convocatoria están en
relación coa transformación dixital das organizacións (información
masiva, servizos na nube para a mobilidade e Internet das Cousas,
IoT) e tamén en relación coas tecnoloxías máis innovadoras que
desenvolven empresas galegas. O obxectivo é “amosar as tendencias
máis actuais nas tecnoloxías TIC, desde o punto de vista da oferta
global, que sexan de interese para o sector empresarial e
profesional, e melloren a experiencia do cliente”.
Segundo
lembra a organización de GaliciaTIC, polas súas 12 edicións (dende
2003) teñen pasado prestixiosos oradores e especialistas
internacionais de distintas áreas de TIC e compañías profesionais
que ofrecen os mercados de TIC produtos de gran innovación e
impacto, tanto en software e hardware e comunicacións.
Este ano GaliciaTIC
conta co apoio directo de empresas e entidades como Emetel, Edisa
ou o Colexio
Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).
Ningún comentario:
Publicar un comentario