Do
2 ao 6 de novembro convocouse unha semana de debates co alumnado para
coñecer a súa opinión sobre a educación que queren recibir. Cada vez que
se tentou cambiar o sistema educativo, afirmouse que se facía polo ben
do alumnado, pero a este nunca se lle preguntou que educación quería.
Cambiemos de actitude. Nesta ocasión ímoslles a preguntar como e que
queren aprender.
Durante este semana, nalgunha das túas clases nas que poida encaixar o debate, na titoría, nunha actividade extraordinaria, nalgunha asemblea co alumnado,..., abre o debate utilizando, por exemplo, as seguintes preguntas:
1. ¿Como queres que sexa o teu centro?
2. ¿Que queres aprender e non ensínanche?
3. ¿De que ten que depender a túa avaliación?
4. ¿Crees que todos os teus compañeiros e compañeiras teñen as mesmas oportunidades?
Recolle as conclusións e mándanolas a plataforma@escuelapublica.org para que as podamos agrupar e facer público o resultado. Con toda seguridade, o alumnado achegará suxestións moi pertinentes e enriquecedoras que deberán ser tidas en conta.
Ter unha semana para realizar os debates permite que elixas o mellor momento para facelo cos teus alumnos e alumnas. Tamén, durante esa semana, tanto as organizacións de pais e nais están chamadas a realizar asembleas para poñer en común o que falen cos seus fillos e fillas sobre este tema, como as organizacións do alumnado realizarán igualmente reunións para acordar propostas que trasladar ao debate.
Poñemos en marcha unha actividade imprescindible. ¡Participa! ¡Non cha perdas!

Ningún comentario:
Publicar un comentario