MARCHAS DA DIGNIDADE
Convocadas polas Marchas da Dignidade,
centos de persoas manifestáronse este mediodía na praza do Obradoiro
(Compostela) baixo o lema “Pan, traballo e teito” e contra a “mafia” que
“malvende” os dereitos das persoas.
Pasadas as 12h partía a manifestación convocada polas Marchas da Dignidade nas rúas de Compostela e concluía na Praza do Obradoiro. Foi alí onde tiveron lugar as intervencións, entre as que destacou a do director e actor Quico Cadaval, quen aludiu aos ex directivos de Novagalicia Banco e ao feminicidio que tivo lugar na parroquia pontevedresa de Pontesampaio.
O encargado de ler o manifesto foi Nicanor Acosta, a quen a xustiza vén de absolver da multa de 600 euros por participar nas mobilizacións contra o desafiuzamento da anciá coruñesa Aurelia Rei. “Estamos aquí para lle facer fronte á mafia”, sinalou Acosta, quen tamén se referiu á igualdade e á crise económica, “manda máis o goberno ou as multinacionais?”, preguntouse. A perda das caixas de aforro, as privatizacións, o desemprego e a “Lei Mordaza” foron temas que tocou Acosta no seu discurso.
Na mobilización participaron, amais de colectivos sociais como Stop Desafiuzamentos, representantes políticos como os alcaldes de Compostela e de Ferrol, Martiño Noriega e Jorge Suárez, a coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, ou o parlamentar de AGE Antón Sánchez.

Ningún comentario:
Publicar un comentario