A Xunqueira lucirá o pavillón do proxecto Green Campus, que premia a xestión e educación ambiental na Universidade.
A primeira bandeira verde coa que a FEE (Foundation for Environmental Education) recoñece en España a un campus universitario polo seu traballo en materia de xestión e educación ambiental ondeará en Pontevedra. Así o vén de determinar o xurado nacional do proxecto Green Campus, que coordina en España a asociación ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), e que por unanimidade acordou conceder a este campus da Universidade de Vigo a Bandeira Verde Green Campus, un distintivo que no presente curso só lucirá na Xunqueira e en dous centros da Universidade da Coruña, a Facultade de Ciencias da Saúde e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.Segundo destaca o director da Área de Planificación do campus, Celso Cancela, o proxecto Green Campus tivo o seu inicio en xullo de 2013, cando a Universidade de Vigo e a ADEAC asinan un convenio marco, tralo que “se elabora un programa de actuación conxuntas, definindo as temáticas prioritarias e a partires do que se poñen en marcha unha serie de actuacións”. A primeira delas, a elaboración dunha “ecoauditoría”, na que, “conforme aos criterios fixados pola ADEAC, realizouse un exame as diferentes instalacións do campus, que nos permitiu detectar as necesidades e disfuncións que presentaba, así como o que estabamos a facer de maneira axeitada”.
O plan de xestión ambiental da Xunqueira inclúe oito obxectivos ‘verdes’
Tras aquel primeiro paso, en decembro dese mesmo ano constituíuse o comité de xestión ambiental do campus,
ao que sucederon posteriormente as comisións ambientais que se crearon
cada centro, e que contribuíron ao deseño dun plan de acción, “realizado
cuns criterios pragmáticos e realistas”, como salienta Cancela.
Neste documento, establecíanse unha serie de actuacións concretas que
se levaron ou se están a levar a cabo con ese propósito de facer do
pontevedrés un campus cada vez máis sustentable e respectuoso co medio
ambiente. Actuacións que partían a súa vez, de “oito obxectivos
prioritarios”; a optimización do consumo de auga e enerxía; a redución
da xeración de residuos e a mellora da recollida selectiva; o correcto
tratamento dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos);
a mellora da mobilidade e accesibilidade; o fomento da biodiversidade e
adecuación das zonas verdes; a promoción da compra verde, o comercio
xusto e o consumo responsable; a promoción da participación,
sensibilización e voluntariado ambiental e o desenvolvemento dunha política de sustentabilidade.Partindo deses obxectivos e “buscando utilizar os recursos materiais e humanos cos que contamos”, coa idea de “promover a maior implicación da comunidade universitaria, o que entronca coa filosofía do proxecto Green Campus” foron poñéndose en marcha unha serie de medidas e actuacións, que ían da elaboración “de diferentes materiais cos que tratar de fomentar a concienciación ambiental”, á instalación nos centros de luces led ou a recente “renovación dos contadores de auga por uns con telemedición que nos proporcionan información do consumo en tempo real”, destaca Cancela. Así mesmo, xunto a campañas de recollida de residuos ou a plantación no campus dunha serie de árbores que compensasen as emisións de CO2 do Pavillón Universitario, outra das accions incluídas no plan foi a instalación nas últimas semanas, coa colaboración do Concello, deaparcabicis nas diferentes facultades e escolas. Deste xeito, “tratamos de promover o uso dun medio de transporte sostible”, salienta Cancela dunha medida que permitiu sumar aos soportes xa existentes no campus unha nova serie de aparcabicis a carón de cada centro, con capacidade en conxunto para un total de 60 bicicletas.
A pensión media de xubilación mantense á cola de España en outubro
A pensión media de xubilación en Galicia mantense á cola de España, con 852,3 euros, xunto á de Extremadura (851,1 euros), en outubro, mes no que o número total de pensións se situou en 752.324 na Comunidade galega, o que representa un incremento do 0,5 por cento con respecto ao mesmo período de 2014. Así o recollen os datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicados este martes, que reflicten que a pensión media de x ...
Leer mas: http://www.europapress.es/galego/noticia-pension-media-xubilacion-galicia-mantense-cola-espana-outubro-cuns-852-euros-20151027114152.html
(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.
A pensión media de xubilación en Galicia mantense á cola de España, con 852,3 euros, xunto á de Extremadura (851,1 euros), en outubro, mes no que o número total de pensións se situou en 752.324 na Comunidade galega, o que representa un incremento do 0,5 por cento con respecto ao mesmo período de 2014. Así o recollen os datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicados este martes, que reflicten que a pensión media de x ...
Leer mas: http://www.europapress.es/galego/noticia-pension-media-xubilacion-galicia-mantense-cola-espana-outubro-cuns-852-euros-20151027114152.html
(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario