Idear
unha historia para crianzas e que esta sexa única é unha tarefa ben
difícil. Tentando vencer esta dificultade e indo á procura da
orixinalidade nacía CreAppcuentos,
unha aplicación infantil encamiñada a nenas e nenos de 0 a 12 anos.
A día de hoxe a dita empresa galega vén
de estrear Creatales, unha nova versión mellorada da súa app
de orixe CreAppcuentos pero concibida para que centros educativos a
poidan empregar como recurso educativo e xerador de contidos onde
nenas e nenos (guiados polos docentes ou adultos) serán os
construtores do seu propio contido. A iniciativa presentarase
no Salón de Tecnoloxía para o Ensino SIMO a finais de outubro.
Creatales
foi creada para que educadores de calquera centro poidan reforzar
aprendizaxes e valores e que o seu alumnado aprenda xogando dunha
maneira sinxela a través da creación de diversos contidos e dun
xeito personalizado grazas á versatilidade da ferramenta, que achega
distintas posibilidades: xerar os seus propios contos engadindo
textos con diferentes e novas tipoloxías de letras (entre elas a
escolar, moi demanda polos docentes de infantil) así como unha
opción de “lectoescritura”. Asemade, poderán engadir ás súas
creacións gravacións da súa propia voz, pistas de audio (a xeito
de banda sonora), crear postais, audiocontos, quebracabezas e fichas
de exercicios que poden facer eles mesmos. Mediante ilustracións e
cunha historia de fábula detrás, os profesores poderán elaborar
problemas matemáticos, ensinar inglés, aprender palabras ou gravar
o audio dun conto a calquera idioma...
Segundo apunta Avelino
Correa, cofundador de Creatales, todas as creacións realizadas coa
app teñen a opción de imprimirse, compartir en varios
formatos e en redes sociais, para poder así crear unha comunidade de
contidos xerados a través da aplicación.
Cómpre subliñar que
Creatales achega a posibilidade de dispor dun sistema de avaliación
usando rúbricas ou
valoración de competencias. O profesor poderá crear unha ficha ou
exercicio e traballar con ela en clase cos alumnos (tanto na app
de
xeito dixital coma en formato papel) co que logo poderán dar unha
valoración da competencia traballada ao rematar o exercicio. A app,
que inclúe unha guía de uso para docentes, estará dispoñíbel en
iOS e foi creada en versión Lite e Premium. Engadir que está
adaptada ao programa de descontos por volume de Apple, permitindo
realizar compras con descontos para os centros asociados ao devandito
programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario