Cualifican de “panorama desolador” a situación actual, con recortes e pasos atrás que minguaron a atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas crianzas que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.
A Confederación de Anpas galegas van
impulsar unha campaña reivindicativa e de concienciación social sobre a
atención educativa hospitalaria e domiciliaria a nenos e nenas que non
poden asistir a aulas por mor de padecer unha longa enfermidade. Un
dereito, o de receber esta atención, que non se cumpre na realidade.
Lembran desde esta Anpa que no seu momento, conquistárase unha normativa
que fora “unha gran conquista social”.
Mais foise baleirando de contido nestes últimos anos “de recortes contra o ensino público”, que “tamén se levaron por diante moito do conseguido neste eido, e sobre todo arrasaron co máis importante: a conciencia da sociedade de que este era un dereito que podía e debía esixir, con e sen crise.” Fixo falta a afouteza dalgunhas familias, afirman desde as Anpas galegas, “que decidiron pedir en público, e con ruído de prensa, aquilo que constitúe o seu dereito para que todos tomásemos conciencia de canto se nos quitou tamén no ensino durante a enfermidade”.
“O panorama que temos actualmente é desolador”, afirman: A normativa non é creadora de dereitos obxectivos, non marca horarios nin establece procedementos; parte da base de que a situación é excepcional e trátaa dende ese punto de vista.... Non hai protocolos de actuación nin planificación de necesidades... Para dar a coñecer esa realidade e reverter a situación, a Confederación de Anpas galegas inicia a campaña para situar este dereito no debate social.

Ningún comentario:
Publicar un comentario