No día 24 de outubro e sob o lema “pan, traballo e teito”, a plataforma das Marchas da Dignidade da Galiza ─onde o STEG tamén participa─ convocou toda a cidadania ás 12h na Praza do Obradoiro para unha grande mobilización en Santiago de Compostela.
Acontece
que a data da convocatoria coincide con o noso VIII Congreso, polo
que, contrariamente ao que ten sido habitual, o STEG non poderá estar
presente como tal nesta manifestación. Animamos, no entanto, a
afiliación que non for asistir ao noso Congreso e as persoas en xeral a
participaren neste acto das Marchas da Dignidade na capital galega e
aprobeitamos tamén a ocasión para facer novamente patente o noso apoio a
esta plataforma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario