A Consellaría de
Educación do Partido Popular imposibilita o normal discorrer do curso
nos centros onde está implantado o programa
O EdixGal, proxecto para a incorporación
de materiais didácticos en liña en todas as materias a partir de 5º de
primaria en centros Abalar, é na práctica unha forma de contratar
materiais didácticos para todos os centros no seu conxunto durante tres
anos.
A plataforma do sistema non funciona, cólgase, non dá acceso… o
alumnado dos centros acaba vendo substituídos os libros de texto por
meras fotocopias.
O profesorado non recibe a formación necesaria e por riba, debido ao mal funcionamento do sistema, pasa horas e horas para facer algo que debería levar minutos.
Todo isto viuse agravado este ano coa nova plataforma que logra o que xa parecía imposíbel: empeorar a do curso pasado.
Toda a programación que queira facer o profesorado vese imposibilitada polo sistema, xa que os temas vanse cargando pouco a pouco por parte da empresa concesionaria co que é imposíbel adaptar a secuenciación dos temas ao discorrer da realidade diaria, por non falar da aplicación da avaliación, especialmente problemática, até o punto de que non se está usando na maioría dos centros educativos.
En definitiva, o EdixGal é a substitución de libros de texto por fotocopias en branco e negro, cunha calidade nos contidos e actividades pouco axeitada e coa obrigatoriedade de permanecer durante tres anos no programa.
Desde a CIG Ensino, demandámoslle á Consellaría de Educación que solucione de inmediato os problemas técnicos da plataforma e que cargue todos os temas para que o profesorado poida secuenciar como mellor considere. Así mesmo exixímoslle a redución do seu horario e a formación necesaria para que poida desenvolver o dito programa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario