O BNG fala de “vulneración de dereitos fundamentais” e reclama unha inmediata rectificación.
A Federación galega de fútbol impide aos equipos tramitar as fichas dos nenos e nenas adoptadas. Así o denuncia o BNG, que a través das súas deputadas Carme Adán e Tereixa Paz presenta diversas iniciativas perante o que cualifican como ““unha grave vulneracións dos dereitos fundamentais d@s menores”.Adán e Paz afirman que a Federación esixe os equipos documentación complementaria dos menores adoptados por considerar que “son xogadores españois non de orixe”. Tal como recolle o Código Civil Español non articulo 19.1, explican as parlamentares do Bloque, o estranxeiro menor de 18 anos adoptado por un español adquire, desde a adopción a nacionalidade española de orixe polo tanto a Federación galega de Fútbol está “vulnerando os dereitos adquiridos polos menores e refrendados pola Constitución.
As parlamentarias interpelarán ao Goberno sobre o que consideran unha “situación incomprensible” e preguntarán que medidas vai adoptar para resolver “de inmediato” o acontecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario