O ránking US News Best Global Universities sitúa a institución compostelá no posto 49 do mundo neste eido.
O persoal investigador en Matemáticas da Universidade de Santiago é o máis destacado das universidades españolas segundo a segunda edición do US News Best Global Universities e ascendería ata o posto 49 de entre as 750 universidades de todo o mundo analizadas nesta edición. Igualmente, a institución compostelá destaca no ámbito da Química, na posición 228.A segunda edición do ránking US News Best Global Universities posiciona a Universidade de Santiago no seu conxunto no número 399 dunha lista de 750 universidades de 57 países. Das españolas, a USC figura como a oitava dunha representación total de vinte e cinco. Esta é unha clasificación que parte dos datos recompilados por Thomson Reuters InCites e ao que se engade a referencias das institucións universitarias con maior número de artigos científicos publicados durante o período 2009-2013.
A USC detaca tamén en Química, situada na posición 228 do mundo
A clasificación final das universidades ordénase en base a doce indicadores
que pretenden avaliar para cada institución a súa reputación global en
investigación (12,5% da nota final), reputación continental (12,5%),
número de publicacións que se atopan entre o 10% das máis citadas
(12,5%), porcentaxe de publicacións que se atopan entre as máis citadas
(10%), colaboracións internacionais (10%), impacto de citacións normalizado (10%), publicacións (10%), número total de citacións (7,5%), número de doutores premiados (5%) e porcentaxe destes sobre o cadro de persoal docente (5%), libros publicados (2,5%) e conferencias (2,5%).Deste conxunto de indicadores, USC consegue as puntuacións máis altas en materia de reputación dentro do continente e no número de publicacións máis citadas e colaboracións internacionais, así como no número total de citacións, publicacións ou impacto normalizado das citas ou porcentaxe de publicacións entre as máis citadas, entre outros. Das vinte e cinco españolas Santiago mantense no grupo de cabeza xunto ás de Barcelona, Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Valencia, Pompeu Fabra, Complutense, Granada, Politécnica de Cataluña e País Vasco, que agrupan as dez primeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario