xoves, 22 de outubro de 2015

Cal será o futuro dos dicionarios colaborativos e as bases de datos multilingües?

Un congreso no que participan destacados especialistas europeos afondará nos seus retos e problemas.

Un foro de discusión sobre os dicionarios e bases de datos multilingües e os dicionarios colaborativos desde múltiples perspectivas tentará avanzar sobre os seus problemas e retos futuros. Será os próximos días 20 e 21 de outubro  na Facultade de Filoloxía dentro do Congreso Internacional MULTILEX ‘Lexicografía multilingüe en rede’.
 
O encontro está organizado polo proxecto PORTLEX, que en como investigadora principal á profesora María José Domínguez Vázquez. O congreso estrutúrase en diferentes seccións, como son a lexicografía electrónica multilingüe na sociedade actual, as dificultades na elaboración dos dicionarios electrónicos multilingües, os factores de calidade e o papel do usuario neste tipo de repertorios. 
 
Tamén se proporcionará unha visión de conxunto dos dicionarios electrónicos multilingües, acompañada da presentación de obras e proxectos concretos. Para responder de maneira axeitada a todos estes temas, o congreso está deseñado en forma de conferencias plenarias, seguidas de coloquio, unha sesión de pósters e unha mesa redonda sobre o presente e o futuro da lexicografía electrónica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario