martes, 20 de outubro de 2015

Xornada sobre recursos en galego para formadores infantís

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza, no marco do proxecto Apego, a Xornada sobre recursos en galego para formadores infantís, que terá lugar o sábado 24 de outubro de 2015 no Fórum Carballo.
O programa da xornada inclúe a presentación de recursos didácticos en galego, información sobre o seu manexo e actividades de sensibilización para fomentar o uso destes materiais no ámbito educativo e de lecer dos máis pequenos. Pódese solicitar a inscrición no teléfono 981 704 304 ou a través do correo electrónico nelvidal@carballo.gal.

Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario