martes, 13 de outubro de 2015

Non existe oferta formativa en Galiza para acceder á docencia

O  STEG DENUNCIA A NULA OFERTA FORMATIVA PARA AQUELAS PERSOAS QUE QUEIRAN  ACCEDER Á DOCENCIA DESDE O CORPO DE TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL E  ENSINANZAS DEPORTIVAS
 
A normativa establece que para poder impartir clase na Formación Profesional ou en Ensinanzas Deportivas, cómpre  dispor de un título universitario de licenciatura ou de grao ademais da formación pedagóxica e didáctica de postgrao, así como, acreditar o dominio dunha  lingua estranxeira equivalente ao nivel B1 (do Marco Común Europeo de  Referencia para as Linguas). As persoas coa titulación universitaria  poderán realizar o título oficial de Máster que as habilitan para poder  exercer como Profesorado de ESO e Bacharelato. Sen embargo, aquelas  persoas que non teñen titulación universitaria non poden acceder a dito  master, polo que a administración esixe unha formación equivalente á formación pedagóxica e didáctica que se regula pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro.
 
Dita orde, na súa disposición adicional primeira,  dispón a esixencia deste certificado oficial de estudos de  certificación pedagóxica para o 1 de setembro de 2013 tanto para o  profesorado de FP como para o de Ensinanzas Deportivas.  Na disposición segunda desta orde establécese  que ata o 1 de setembro  de 2014 non se esixirá a acreditación nunha lingua estranxeira.  
 
Como  non foi posible desenvolver nos prazos indicados eses estudos que  habilitasen para o exercicio da docencia modificáronse esas disposicións  primeira e segunda e trasladouse ao 1 de setembro de 2015 a esixencia tanto desa Formación Pedagóxica e Didáctica como da acreditación de dominio dunha lingua estranxeira de nivel B1.
 
A esixencia de formación pedagóxica complementaria lle será recoñecida a quen acredite que impartira docencia durante dous cursos académicos completos, dous ciclos de ensino deportivo completos ou, no seu defecto, doce meses continuos ou descontinuos en centros públicos ou privados.
 
O STEG opina que, a pesar do esgotamento desta moratoria, a Administración non fixo esforzos dabondo para a implantación desta formación pedagóxica e didáctica equivalente, xa que na Comunidade Autónoma de Galiza non existe posibilidade de cursar estes estudos.  
 
A posibilidade máis próxima no espazo está na UNED de Xixón: o curso chamado COFPYD, cun custo de 1700 euros destinados a determinadas especialidades e titulacións.  
 
Outra posibilidade existiría na Universidad de la Rioja:
 
E outra na Universidad Politécnica de Cartagena:
 
En Canarias, en colaboración coa propia Consejería de Educación, existe a posibilidade de realizalos na Universidad de Las Palmas:
 
Todas estas universidades teñen unha escasa oferta, coas prazas ocupadas e con longas listas de espera.
  
O STEG demanda da Consellería de Educación a implantación de dita Formación Pedagóxica e Didáctica equivalente na nosa lingua e con carácter inmediato, e de non implantarse, unha moratoria da aplicación desta normativa para todas as persoas implicadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario