A Mesa pola Normalización Lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira e da reponsábel das Mocidades pola Normalización Lingüística, Sara Seco, dirixiu aos grupos parlamentares unha proposta para a inclusión das principais medidas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega dentro do Mandato Marco da CRTVG que a Cámara galega debaterá en breve.
Tal e como destaca a MNL, “tendo en conta que o Parlamento aprobou por unanimidade este Plan en 2004, que foi ratificado por todas as forzas políticas na Declaración de Unidade a prol da Normalización da Lingua Galega impulsada pola Mesa, o 15 de xullo de 2015”, entenden que sendo consecuentes “ningún grupo debería pór impedimentos para a introdución como emendas das 26 medidas que se propoñen”, á que se engade un convenio para a reciprocidade de emisións en Galiza e Portugal da RTP e a RTVG tal e como contempla a Carta Europea da Linguas.
“Vontade de compromiso”
“A reiteración da vontade e do compromiso coa normalización do galego, non é máis que unha declaración de amor baleira se non se concreta en feitos” sinalou Marcos Maceira. A Proposta de inclusión do PXNLG no Mandato marco da CRTVG pretende afortalar o compromiso da CRTVG co seu papel central como axente normalizador, introducindo accións concretas “para mellorar, ampliar e actualizar a programación infantil e xuvenil; unha programación ampla de temática cultural, social e política galega ao servizo de Galiza e que reflicta a súa pluralidade”.
Campaña social logra que Larsa respecte os topónimos do país
A empresa láctea galega Larsa, que até o de agora imprimía os envases dos seus coñecidos iogurtes sinalando o seu enderezo co topónimo deturpado Villagarcía de Arosa, notificou a través das redes que mudará os seus envases para pasar a utilizar o topónimo verdadeiro e orixinal de Vilagarcía de Arousa. O motivo desta mudanza é a intensa campaña a través das redes sociais que incluíron o envío de mensaxes e correos electrónicos
Ningún comentario:
Publicar un comentario