Finalmente
celebrouse 10 de outubro o evento formativo e divulgativo Scratch
Day organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica
en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa axencia
autonómica AMTEGA. Na cita, que serviu para difundir os valores da
programación informática na comunidade escolar (nenas e nenos, nais
e pais, profesorado), participaron uns trinta rapaces (de entre sete
e quince anos) e outros tantos mestres compartindo coñecementos e
tirando partido da ferramenta
Scratch, un recurso informático moi acaido para a introdución
das novas xeracións nos conceptos básicos de como construír e
desenvolver programas.
Segundo
informan os organizadores, os participantes “puideron
acceder de forma lúdica ao mundo da programación, tomando
conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión das
ideas propias e como medio de emprendemento”. Ademais,
sinala o CPETIG, “a
implicación e a concienciación dos pais neste ámbito serviu de
apoio para que os rapaces se
sentisen atraidos
cara á programación informática, de forma que esta actividade
organizada polo CPETIG non sexa unha excepción, senón o principio
dun labor para seguir no fogar”.
De
forma paralela levouse a cabo unha acción formativa en Scratch
destinada ao profesorado. Esta actividade, serviu como formación a trinta profesores ao
abeiro do
programa Aprendo
programando
incluído
no Plan Proxecta, dependente da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, presentado polo CPETIG, en colaboración
con AMTEGA.
A
xornada tivo como obxectivos xerais “eliminar mitos en relación á
programación informática, dar a coñecer a contorna da programación
Scratch e aprender a desenvolver videoxogos con esta ferramenta
informática”. Ademais, con esta actividade preténdese difundir as
posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades
temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
No
Scratch Day contouse coa participación das asociacións Programamos,
que impartiu a formación a rapaces e pais, e Código Octopus, que
contribuíu
á formación ao profesorado. Lembrar
que Programamos é
unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é
promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades
temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións
para móbiles en todas as etapas escolares, desde educación infantil
ata formación profesional.
Código Octopus,
pola súa banda, é
unha fonte de recursos en galego para o profesorado con bases en
calquera materia que se desexe introducir á programación na
docencia. Conta con material para aprender a programar en Scratch en
Educación Primaria e Educación Secundaria e proximamente para
desenvolver proxectos de S4A:
Scratch for Arduino.
Tras este proxecto atópase un grupo de profesorado de tecnoloxía do
sistema educativo galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario