A Enquisa de Poboación Activa (EPA) do terceiro trimestre do ano amosou unha importante caída do paro xuvenil en Galicia tanto
en termos intertrimestrais -unhas 6.000 persoas- como interanuais -máis
de 18.000-. Estas cifras permitiron reducir a taxa de desemprego da
poboación entre 16 e 29 anos ata o 29,6%, cinco puntos menos que tres
meses antes e sete menos que no mesmo trimestre de 2014. Estes bos datos
non logran, no entanto, compensar o estrago laboral sufrido pola
mocidade galega na última media década, con taxas de ocupación -persoas
traballando- case dez puntos por baixo das de 2009, cando xa comezara a
crise, o paro en aumento e a poboación activa en retroceso, como a nivel
xeral.
Esta contracción da poboación activa entre a mocidade dá lugar a que, tras a devandita baixada do paro, se dea a circunstancia de que na actualidade hai menos mocidade no desemprego que hai seis anos, pero tamén menos mocidade con traballo. Así, tras roldar os 80.000 mozos e mozas no paro no ano 2012, segundo a EPA, na actualidade están á procura de emprego unhas 54.000 persoas mozas, case 8.000 menos que a finais de 2009. No entanto, naquela altura había 211.600 persoas de entre 16 e 29 anos a traballar e o último dato indica que só teñen traballo 128.300, unha caída superior ás 83.000 persoas.
Neste escenario, o peso da mocidade no conxunto da poboación activa de Galicia reduciuse notablemente, coas implicacións que isto ten en ámbitos tan diversos como a emancipación, a natalidade ou o sostemento do sistema de pensións e dos servizos públicos. No ano 2009 algo máis do 20% das persoas que traballaban ou buscaban traballo en Galicia tiñan entre 16 e 29 anos. O último dato indica que esta cifra caeu ata o 14%.
Así se configura un escenario no que case máis de tres anos a taxa de ocupación -persoas traballando- estivo por baixo da taxa de desemprego, se ben os últimos datos deixan a ocupación no 38% e o paro, no 29%. Mentres, o acontecido neste período implica que, en apenas seis anos, a taxa de actividade pasou do 63% a ao 54%, o que implica que pouco máis da metade da xente moza está incorporada ao mercado laboral.
A poboación moza caeu un 22% nestes anos, mentres que a poboación xuvenil activa retrocedeu un 33%Para realizar unha aproximación á realidade laboral da mocidade galega neste período cómpre, en primeiro termo, comparar a evolución do número de habitantes de entre 16 e 29 anos coa da poboación activa nesta idade, isto é, coa da xente nova que está traballando ou en condicións de facelo. Nestes anos, o país pasou de ter case 429.000 persoas nesta franxa de idade a algo menos de 336.000, unha caída algo inferior ao 22%. Mentres, a poboación xuvenil activa pasou de 273.000 a 182.000 persoas, un 33% menos
Esta contracción da poboación activa entre a mocidade dá lugar a que, tras a devandita baixada do paro, se dea a circunstancia de que na actualidade hai menos mocidade no desemprego que hai seis anos, pero tamén menos mocidade con traballo. Así, tras roldar os 80.000 mozos e mozas no paro no ano 2012, segundo a EPA, na actualidade están á procura de emprego unhas 54.000 persoas mozas, case 8.000 menos que a finais de 2009. No entanto, naquela altura había 211.600 persoas de entre 16 e 29 anos a traballar e o último dato indica que só teñen traballo 128.300, unha caída superior ás 83.000 persoas.
Neste escenario, o peso da mocidade no conxunto da poboación activa de Galicia reduciuse notablemente, coas implicacións que isto ten en ámbitos tan diversos como a emancipación, a natalidade ou o sostemento do sistema de pensións e dos servizos públicos. No ano 2009 algo máis do 20% das persoas que traballaban ou buscaban traballo en Galicia tiñan entre 16 e 29 anos. O último dato indica que esta cifra caeu ata o 14%.
Así se configura un escenario no que case máis de tres anos a taxa de ocupación -persoas traballando- estivo por baixo da taxa de desemprego, se ben os últimos datos deixan a ocupación no 38% e o paro, no 29%. Mentres, o acontecido neste período implica que, en apenas seis anos, a taxa de actividade pasou do 63% a ao 54%, o que implica que pouco máis da metade da xente moza está incorporada ao mercado laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario