A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
acaba de conceder os premios de fin de carreira a un total de 77
persoas que remataron os seus estudos no curso 2013/2014 no Sistema
Universitario de Galicia (SUG). A resolución da convocatoria, á que se
destinaron preto de 200.000 euros, pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151028/AnuncioG0164-201015-0003_gl.html.
Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer o traballo, esforzo e
excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das
universidades galegas. Dos premiados, 28 cursaron os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 20 na da Coruña (UDC) e 28 na de Vigo (UVigo). A puntuación máis alta correspóndese a unha graduada en dereito da UDC, que obtivo unha nota media de 9,85.
Os premiados recibirán unha dotación económica de 2.500 euros e un
diploma acreditativo desta distinción, o que supón un importante
recoñecemento institucional, un valor engadido para o seu currículo, e
un apoio económico.
Máis información no seguinte enlace: http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2651/conselleria-cultura-educacion-concede-77-premios-extraordinarios-fin-carreira
Ningún comentario:
Publicar un comentario