A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza as XVI Xornadas de expresión oral "Tíralle da lingua",
dirixidas ao profesorado co obxectivo de transmitirlles a importancia
do factor oral na recuperación da lingua e proporcionarlles técnicas
para traballar a oralidade na aula.
As sesións desenvolveranse o
21 de novembro de 2015 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela). O
prazo de matrícula (que debe realizarse a través do web da AS-PG) remata o 20 de novembro.
Ademais destas xornadas, dirixidas ao profesorado, o proxecto "Tíralle
da Lingua" consta tamén dun concurso de relato oral, dirixido ao
alumnado, cunha fase final que se celebra no mes de abril en Santiago de
Compostela.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario