BELÉN TAJES, VÍTIMA DE DISCRIMINACIÓN LINGÜÍSTICA
Belén Tajes é a profesora de música á
que o centro infantil coruñés de ensino non regrado Jungle World lle
impide empregar o galego na actividades coas crianzas. Nesta conversa
explícanos como se sente despois de dar o paso de denunciar publicamente
o seu caso xunto á Mesa pola Normalización Lingüística e á CIG-Ensino.
Cal foi a súa reacción cando recibiu a circular que impide expresamente o uso do galego nas actividades do centro?
Sabía que ía por min, porque son a que leva máis tempo traballando cos nenos e coas nenas en galego. Sentinme moi indignada e indefensa. Non sabía a quen recorrer nin que facer, mais era consciente de que o que dicía a empresa rozaba a ilegalidade. Descoñecía até que punto unha empresa privada pode facer este tipo de exclusións.
Como cres que vai actuar a empresa con vostede cando se presente no seu posto de traballo?
Xa me dixeran en conversa privada que podía haber algún tipo de sanción e no escrito que nos remitiron ás traballadoras advírtese de que usar o galego significa incorrer nunha sanción grave. Así que, segundo o que dixeron, supoño que van tomar medidas contra min.
Que lectura fai da acollida que tivo a súa denuncia?
Nas redes sociais vin moita xente indignada, porque realmente semella unha situación propia doutro século. Percibín moito apoio e moita acollida da xente, sexa galegofalante ou non o sexa. A empatía coa lingua non está perdida.
Teño lido na prensa noticias de persoas ás que lles pasou algo semellante, mais nunca pensei que me fora pasar a min un caso semellante.
Por que cre que se producen este tipo de condutas galegófobas?
Creo que existe unha profunda ignorancia do que é legal. Paréceme incríbel que a directora do centro tivese o valor de poñer o que puxo por escrito. Creo que non era consciente que por riba das normas internas dunha empresa privada están os dereitos meus como persoa a expresarme en galego e o dereito dos nenos e das nenas a recibir unha actividade en galego. Penso que tamén se debe a unha falta de educación e de apego pola lingua.
Como se poden impedir casos como o seu?
Hai que denuncialos. Trátase dunha cuestión educacional. Supoño que terei que soportar as consecuencias, mais é un deber denuncialo. É a lingua dos nosos avós e iso ten que estar por riba do que veña. Ademais, debemos facer un labor importante cos nenos e coas nenas para que saiban valorar o idioma.
Hai uns meses, unha nena foi discriminada por razóns de lingua no centro hípico de Casas Novas, en Arteixo. Como ve a situación do idioma na Coruña?
É a mesma situación que padece o galego nas grandes cidades. Creo que hai un déficit de normalidade no uso das dúas linguas. Ademais, penso que a exclusión do galego segue unha tendencia de aumento. Ten que ser normal usar o galego ou o castelán no momento en que un sinta que debe usalos. Os dous idiomas deben ser igual de importantes.
Que recomendacións lle daría ás persoas que sofren casos coma o seu?
Anímoas a denunciar, a loitar contra os prexuízos asociados á lingua galega e a dignificala.
Teme ser despedida?
Non, porque estou orgullosa do que acabo de facer. Son consciente de que vai ter consecuencias. Aínda así, non podía durmir sabendo que nun traballo que adoro, a música, non ía poder cantar en galego. Hoxe irei ao traballo co orgullo de poñer en coñecemento da xente unha situación tan vergoñenta.

Nunca pensei que me fora pasar a min un caso semellanteCoñece outras persoas ás que lles pasase o mesmo que sufriu vostede?

Ningún comentario:
Publicar un comentario