GALINA BOTNAR, MÚSICA MOLDAVA
Galina Botnar (1976, Dubasari,
Moldavia) é profesora de acordeón na Escola Municipal de Música da
Coruña e é a encargada dos arranxos musicais de Pirilampo. Nesta
entrevista, como emigrante que fala galego, dá a súa opinión sobre o
caso de Jungle World, centro infantil que impide ás profesoras usar o
galego no centro.
Como foi a súa toma de contacto co galego?
A raíz de comezar a traballar na Escola Municipal de Música da Coruña. Foi alí cando comecei a abrir os ollos ao galego, porque apenas un ano antes só falaba en castelán. Tamén comecei a descubrir as distintas fonéticas da xente en función do seu lugar, porque non fala igual galego unha persoa de Lugo que outra de Arteixo. Quen me introduciu realmente no galego foi Xosé Lois Seixo –cantante de Pirilampo- pois el aprendeume o significado de moitas palabras. Para facer os arranxos musicais e compoñer a melodía dun poema é moi importante coñecer o fondo da letra. A última música que escribín foi para un poema de Manuel María, “Natureza”, e encólleseme o corazón.
Como unha moldava acaba na Coruña compoñendo a melodía de cancións en galego?
Realmente, foi a través meu marido, que emigrou por media Europa traballando en distintos conservatorios como saxofonista. Por influencia duns amigos e por interese cultural, acabou en Galiza. Unha vez que conseguiu a residencia, tivo lugar a agrupación familiar. Aos poucos, fun entendendo que as palabras se dicían de distintas maneira en función de quen as dixese: patata/pataca, cebola/cebolla… Empecei co galego con palabras moi básicas e agora as miñas composicións musicais escríboas en base a letras galegas. Non escribín ningunha en castelán.
Como emigrante resúltame vergoñento e dóeme, dóeme na alma. Tamén me doe como persoa que sufriu o mesmo problema ca ela. É triste que non lle deixen usar o idioma dos seus tataravós e da súa terra e non vexo correcto que se sufra esa presión por parte dos xefes. Como poden poñerme un tapón na boca para que non cante en galego? Por que me teñen que impoñer á forza unha sopa de sobra e non os grelos da miña avoa? O idioma materno ten que manterse por riba dos demais e o plurilingüismo é o máis bonito dunha cultura.
Di que sufriu o mesmo problema que Belén…
Na miña infancia, meus pais prohibíanme falar moldavo cando ía á escola de música. Dicíanme que o falase só na casa porque de facelo fóra ían considerar que era da aldea e que tiña pouco nivel. Pode dicirse que sufrín maltrato psicolóxico na miña casa, pero son consciente que me facían isto para protexerme. En cambio, aquí estou a día de hoxe, que mesmo acabo de axudarlle o meu fillo cos deberes de galego.
En que idioma lle mandaban falar os seus pais?
En ruso, porque era o idioma mellor considerado. A día de hoxe, o meu idioma, o moldavo, chámase oficialmente romanés, cando eu non son romanesa. A miña sangue foi vendida. Só hai que ver a gastronomía do meu país, que nun 85% turca. Regaláronnos como país ao imperio turco e ao ruso.
Que sente polo galego?
Gústame e atráeme e penso que hai que defendelo. Onde vai ir o galego se hoxe e mañá vas estar falando castelán? Tamén queda pisado polo inglés. Non teño nada en contra do inglés pero estase buscando un idioma internacional e o local, a lingua propia, pisámola cos pés. Encántame como cantan en galego os maiores e a xente nas tabernas. Oílos cantar unha muiñeira, un pasodobre, a “Rianxeira”… impresióname. E cantan coa cabeza ben alta.
Os seus alumnos e alumnas fálanlle galego?
Por desgraza, dei con moi poucos alumnos que me falasen galego. Dinme que sempre falan en castelán, menos na casa dos avós, que falan galego. Iso si, despois van a clases de inglés e de alemán. Sinto un pouco o que sufrín nas miñas propias carnes.
Que fai falta para que a xente fale máis galego?
Penso que hai que darlle máis importancia á literatura e que os pais sexan máis conscientes da lingua. Hai que levar o galego con distintas actividades a centros públicos, bibliotecas, teatros… con oferta para nenos desde pequenos. Pódense facer concertos didácticos, xogos… Hai que encher os parques de galego. Pero cada vez que hai que recortar se recorta no galego.

Por que me teñen que impoñer á forza unha sopa de sobra e non os grelos da miña avoa?Que opinión ten do caso que sufriu a profesora Belén Tajes en Jungle World, empresa que non lle permite cantar en galego?

Ningún comentario:
Publicar un comentario