Denuncian a "falta de vontade de solucionar este problema" amosada pola Universidade de SantiagoO estudantado afectado por esta situación, apoiado polas organizacións Comités, Liga e Agir, solicitaron reiteradamente unha xuntanza co reitor da USC e a convocatoria cun Consello de Goberno extraordinario que puidese aprobar a modificación dos requisitos esixidos para a convocatoria desta proba. A xuntanza tivo lugar finalmente este luns, pero os representantes do alumnado que participaron nela denuncian a ausencia de resultados e a "falta de vontade de solucionar este problema" amosada pola Universidade de Santiago.
Os alumnos e alumnas foron recibidas pola pola secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, que lles advertiu de que para poder convocar o Consello de Goberno (imprescindible para levar a cabo a modificación solicitada) se necesita a sinatura dun terzo dos seus membros. O Consello de Goberno tamén pode ser convocado de inmediato, coa simple autorización do reitor da Universidade, algo que non se vai producir.
As persoas afectadas e as organizacións AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega denuncian "a falta de vontade" amosada pola USC, polo seu reitor Juan Viaño e pola súa secretaria xeral Consuelo Ferreiro, "tendo os mecanismos suficientes para facelo, e dificultando chegar a unha solución, xa que evidentemente é moito máis fácil que o Reitor convoque o Consello de Goberno a que nós teñamos que conseguir as sinaturas dun terzo dos membros".
"Todo isto é outra proba de que a USC só quere que a burocracia nos faga perder o tempo e non consigamos solucionar o problema"Lembran que o Real Decreto 861/2010 esixe que "as universidades, sen prexuízo das normas de permanencia que sexan de aplicación, garantirán a organización de polo menos catro convocatorias de exame nos dous cursos académicos seguintes á citada data de extinción". E explican que "a interpretación da secretaria xeral invalida tal modificación para o caso das extincións das licenciaturas da USC por afirmar que os afectados renunciaron no seu momento a rematar polo plan antigo ó cursar polo Grao ata tres materias ou 18 créditos que lle restaran para rematar a carreira". Subliñan, no entanto que "ás estudantes só se lles ofreceu esta alternativa como opción, e en ningún momento renunciaron a súa licenciatura xa que de superar as materias cursadas polo Grao se lle imputarían na licenciatura obtendo este título e non o de graduado".
Afirman que "todo isto é outra proba de que a USC só quere que a burocracia nos faga perder o tempo e non consigamos solucionar o problema" e conclúen que "non conseguirán que deixemos de protestar por este problema e tomaremos as accións sociais que fagan falta ata ver problema solucionado".
Ningún comentario:
Publicar un comentario