CIG denuncia que "máis de 280 mil mulleres" se sitúan por baixo do limiar da pobreza e por volta de 94 mil cobra menos de 160 euros ao mes.
Esta segunda feira (29 de febreiro) a Secretaría de Muller da Confederación Intersindical Galega (CIG) presentou o seu informe sobre a situación sociolaboral das mulleres na Galiza.
Margarida Corral e Natividad López debullaron polo miúdos os dados no
marco da campaña 'Precarias' que editou a CIG de cara ao 8 de Marzo, Día
Internacional da Muller Traballadora.
Pobreza, precariedade e temporalidade
Desde a CIG-Muller aseguran que a crise económica introduciu dous "novos" fenómenos na realidade socio-económica galega. Dunha banda, a pobreza laboral, é dicir, que o feito de ter un posto de traballo non garante contar con ingresos suficiencias para vivir dignamente e o feito de que a fenda laboral se "iguala por abaixo" ao non se incrementaren os soldos das traballadoras senón que se reduciron os dos homes.
Nun informe presentado por UGT a pasada semana sitúa a diferenza salarial por razón de xénero no 23,4% o que obriga as mulleres a traballar 9 anos máis que eles para conseguiren a mesma xubilación.
Este feito débese a unha menor actividade, sendo que a taxa se sitúa no 48,7%, é dicir 10 puntos por baixo da taxa de actividade masculina, e dunha maior temporalidade e parcialidade feminina.
E é que no ano 2015 o 30,9% dos contratos asinados por mulleres tiveron unha duración inferior a unha semana mentres que a cifra de contratos indefinidos se reduciu en 7.300. Unha realidade que evidencia o feito de que 5.300 mulleres atoparan traballo e foran asinados 411.510 contratos. Aliás, o 23,1% dos contratos asinados foron a tempo parcial no caso das traballadoras mentres que esta taxa é de apenas o 6,5% no caso dos homes.
Desde a CIG-Muller sinalan que a menor actividade feminina reflicte unha maior dedicación por parte das mulleres a traballos non remunerados no marco dunha economía somerxida que representao 25,16%.
162.484 mulleres non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), isto é, o 36% das asalariadasSegundo o estudo desenvolvido pola central sindical, perto da metade das mulleres activas, isto é, máis de 280.000, atópanse por baixo do limiar da pobreza e nen sequera un posto de traballo garante contar con ingresos suficientes para vivir dignamente. Neste senso, sinalan desde a CIG-Muller, por volta de 94.000 asalariadas cobran menos de 160 euros ao mes e 162.484 non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI), de acordo cos dados da Axencia Tributaria de 2014. Esta cifra sitúa as mulleres con "infrasalarios" en 6.725 máis das que se contabilizaban en 2009.
Pobreza, precariedade e temporalidade
Desde a CIG-Muller aseguran que a crise económica introduciu dous "novos" fenómenos na realidade socio-económica galega. Dunha banda, a pobreza laboral, é dicir, que o feito de ter un posto de traballo non garante contar con ingresos suficiencias para vivir dignamente e o feito de que a fenda laboral se "iguala por abaixo" ao non se incrementaren os soldos das traballadoras senón que se reduciron os dos homes.
Nun informe presentado por UGT a pasada semana sitúa a diferenza salarial por razón de xénero no 23,4% o que obriga as mulleres a traballar 9 anos máis que eles para conseguiren a mesma xubilación.
Este feito débese a unha menor actividade, sendo que a taxa se sitúa no 48,7%, é dicir 10 puntos por baixo da taxa de actividade masculina, e dunha maior temporalidade e parcialidade feminina.
E é que no ano 2015 o 30,9% dos contratos asinados por mulleres tiveron unha duración inferior a unha semana mentres que a cifra de contratos indefinidos se reduciu en 7.300. Unha realidade que evidencia o feito de que 5.300 mulleres atoparan traballo e foran asinados 411.510 contratos. Aliás, o 23,1% dos contratos asinados foron a tempo parcial no caso das traballadoras mentres que esta taxa é de apenas o 6,5% no caso dos homes.
Desde a CIG-Muller sinalan que a menor actividade feminina reflicte unha maior dedicación por parte das mulleres a traballos non remunerados no marco dunha economía somerxida que representao 25,16%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario