O pronunciamento do TSXG responde a unha denuncia presentada por Galicia Bilingüe. O Concello de Lugo prepara xa un recurso. A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia mobilizacións.
En maio de 2012 a corporación municipal de Lugo conformada por edís do PP, PSOE e BNG aprobaba por unanimidade unha Ordenanza de uso do galego.
Fora promovida desde a Tenencia da Alcaldía, na altura en mans do
nacionalista Antón Bao e tornaba a lingua propia de Galiza en oficial
dentro da administración local.
Porén, a asociación Galicia Bilingüe presentou unha demanda e reclamou a anulación de boa parte do articulado da norma argüíndo que recollía preceptos contrarios á Constitución española de 1978 e mesmo a leis "quer estatais, quer autonómicas".
Os apartados 3 2 a) e 5 do artigo 3 referidos aos rogos e preguntas das sesións administrativas que "ningunha norma impón que teñen que facerse en galego polo que poden realizarse en castelán", si o Tribunal, ao tempo que suprime "a rotulación indicativa de oficinas e despachos" cuxo "carácter informativo exixe que así mesmo estexa redactada en castelán a efectos do seu coñecemento por todos" (sic).
De igual maneira, a sentenza tomba parte do artigo 5 referido ao desenvolvemento en lingua galega dos expedientes administrativos e a súa posterior tradución ao español se así fixer falla ou fose solicitado. Segundo o fallo xudicial "unha tradución do orixinal galego" é "contraria ao uso normal e oficial dos dous idiomas" polo que suprime a referencia a que se "fará constar que é tradución orixinal en galego".
Ámbito "lingüístico" e "discriminación"
O Tribunal pronúnciase a respeito da expresión ámbito "lingüístico" galego até en dúas ocasións e acepta a impugnación porque coidan que "vai en contra do dereito de toda persoa ao uso do castelán" estabelecido na Constitución española e o Estatuto, di a respeito das intervencións dos "cargos electos".
O mesmo argumento emprega para xustificar a anulación do artigo 22 no referido á valoración de que "as actividades realizadas constribúan a normalizar o uso da lingua galega" e o feito de que "as comunicacións orais e escritas" destas actividades "deberán estar sempre en lingua galega".
Así as cousas, a sentenza foi redixida polo Tribunal Superios de Xustiza de Galiza unicamente en castelán.
O concello presentará recurso
Os servizos xurídicos do concello preparan xa un recurso que deberán presentar en 10 días. Aliás, PSOE e Partido Popular posicionáronse en contra da decisión xudicial e saíron en defensa do contido íntegro da ordenanza, que apoiaran no seu día.
Desde o BNG emitiron un comunicado de imprensa no que aseguran que o fallo xudicial constitúe "un intento de impoñer a vontade dunha minoría sobre a decisión democrática, unánime e consensuada dunha corporación democraticamente elixida polas veciñas e veciños de Lugo".
"Resulta inaudito que a xenreira dun pequeno grupúsculo de persoas, organizadas baixo a falsa imaxe da defensa do bilingüismo, pretenda estar por riba da decisión unánime da corporación municipal para impoñer a súa ideoloxía, dende a súa sede en Vigo, sobre as veciñas e veciños de Lugo", sentencian.
A Mesa anuncia mobilizacións
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística o seu presidente, Marcos Maceira, considerou a sentenza "política" e "ideolóxica" que "ataca" a lingua galega e vai "contra un acordo unánime" adoptado pola corporación municipal.
Neste senso, avanza que "nos vindeiros días anunciaremos accións" e chaman á "mobilización social" perante este "ataque á lingua propia de Galiza".
Aliás, Marcos Maceira animou a corporación municipal a "cotinuar co apoio" á decisión adoptada en 2012 e parabenizou as forzas políticas que amosaron o seu rexeitamento á decisión xudicial.

O Tribunal di que "ao silenciar a referencia ao castelán (...) dan a entender que este non é idioma oficial ou que só son válidas as actuacións administrativas en galego"Neste senso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de fallar favorabelmente a unha parte da demanda de Galicia Bilingüe. No concreto, aos apartados 1 e 2 do artigo primeiro referidos ao galego como "lingua propia de Galiza, é idioma oficial do Excmo. Concello de Lugo" polo que "as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez e eficacia". A este respeito o Tribunal anula esta parte ao considerar que "ao silenciar a referencia ao castelán (...) dan a entender que este non é idioma oficial ou que só son válidas as actuacións administrativas en galego".
Os apartados 3 2 a) e 5 do artigo 3 referidos aos rogos e preguntas das sesións administrativas que "ningunha norma impón que teñen que facerse en galego polo que poden realizarse en castelán", si o Tribunal, ao tempo que suprime "a rotulación indicativa de oficinas e despachos" cuxo "carácter informativo exixe que así mesmo estexa redactada en castelán a efectos do seu coñecemento por todos" (sic).
Suprime "a rotulación indicativa de oficinas e despachos" cuxo "carácter informativo exixe que así mesmo estexa redactada en castelán a efectos do seu coñecemento por todos"Destarte, tamén fican anulados os apartados 2 e 3 do artigo 4 da Ordenanza referidos a contratistas e provedores municipais a quen se lles "demandatá" que "fagan uso do galego nos bens e servizos que sexan obxecto do contrato". Neste senso o TSXG entende que este feito é "contrario ao dereito de uso do castelán que estabelecen a Constitución e o estatuto de Autonomía".
De igual maneira, a sentenza tomba parte do artigo 5 referido ao desenvolvemento en lingua galega dos expedientes administrativos e a súa posterior tradución ao español se así fixer falla ou fose solicitado. Segundo o fallo xudicial "unha tradución do orixinal galego" é "contraria ao uso normal e oficial dos dous idiomas" polo que suprime a referencia a que se "fará constar que é tradución orixinal en galego".
Ámbito "lingüístico" e "discriminación"
O Tribunal pronúnciase a respeito da expresión ámbito "lingüístico" galego até en dúas ocasións e acepta a impugnación porque coidan que "vai en contra do dereito de toda persoa ao uso do castelán" estabelecido na Constitución española e o Estatuto, di a respeito das intervencións dos "cargos electos".
Tilda de "discriminación" a impartición da formación profesional do persoal en lingua galegaAliás, asegura que se produce unha "discriminación" cando, no artigo 24, a Ordenanza se refire á impartición da formación profesonal do persoal do Concello en lingua galega. "Sendo deber constitucional o coñecemento do castelán e un dereito o seu uso por todos, a formación exclusivamente nunha das linguas oficiais podería limitar a adquisición polos traballadores municipais de coñecementos necesarios para o exercicio das súas funcións".
O mesmo argumento emprega para xustificar a anulación do artigo 22 no referido á valoración de que "as actividades realizadas constribúan a normalizar o uso da lingua galega" e o feito de que "as comunicacións orais e escritas" destas actividades "deberán estar sempre en lingua galega".
Así as cousas, a sentenza foi redixida polo Tribunal Superios de Xustiza de Galiza unicamente en castelán.
O concello presentará recurso
Os servizos xurídicos do concello preparan xa un recurso que deberán presentar en 10 días. Aliás, PSOE e Partido Popular posicionáronse en contra da decisión xudicial e saíron en defensa do contido íntegro da ordenanza, que apoiaran no seu día.
Desde o BNG emitiron un comunicado de imprensa no que aseguran que o fallo xudicial constitúe "un intento de impoñer a vontade dunha minoría sobre a decisión democrática, unánime e consensuada dunha corporación democraticamente elixida polas veciñas e veciños de Lugo".
"Resulta inaudito que a xenreira dun pequeno grupúsculo de persoas pretenda estar por riba da decisión unánime da corporación municipal para impoñer a súa ideoloxía"Neste senso, achan que supón "ningunear as institucións democráticas e ás forzas políticas que lexitimamente representan aos e ás lucenses nas mesmas" polo que piden que o concello recorra "esta sentencia xudicial co fin de defender a autonomía municipal e as decisións que democraticamente foron tomadas pola corporación municipal" e avanzan que o grupo municipal nacionalista "apoiará todas as accións que , neste senso, tome o goberno municipal encabezando a todos os grupos que forma parte da corporación municipal".
"Resulta inaudito que a xenreira dun pequeno grupúsculo de persoas, organizadas baixo a falsa imaxe da defensa do bilingüismo, pretenda estar por riba da decisión unánime da corporación municipal para impoñer a súa ideoloxía, dende a súa sede en Vigo, sobre as veciñas e veciños de Lugo", sentencian.
A Mesa anuncia mobilizacións
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística o seu presidente, Marcos Maceira, considerou a sentenza "política" e "ideolóxica" que "ataca" a lingua galega e vai "contra un acordo unánime" adoptado pola corporación municipal.
"O Tribunal apoia o supremacismo lingüístico do español""O Tribunal apoia o supremacismo lingüístico do español", denuncia Maceira pois asegura que se "sitúa en contra da parte máis agredida" e a respeito de cuestións que están "sobradamente recollidas na lexislación internacional".
Neste senso, avanza que "nos vindeiros días anunciaremos accións" e chaman á "mobilización social" perante este "ataque á lingua propia de Galiza".
Aliás, Marcos Maceira animou a corporación municipal a "cotinuar co apoio" á decisión adoptada en 2012 e parabenizou as forzas políticas que amosaron o seu rexeitamento á decisión xudicial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario