O presidente da Real Academia Galega (RAG) reivindica o estudo internacional da lingua e cultura de Galicia.
Un total de 65 estudantes, de 22 países --entre eles Suíza, Brasil, Marrocos, EEUU, Rusia, Francia, Hungría, Arxentina, Portugal, Canadá, Romanía, Italia, Alemaña e Reino Unido-- e de diferentes puntos de España, chegaron a Santiago para converterse en "embaixadores" internacionais do idioma e a cultura galega.Estes alumnos acudirán aos cursos de verán de lingua e cultura galegas, 'Galego sen fronteiras', que organiza a Universidade de Santiago de Compostela, e que foron inaugurado este xoves por personalidades académicas.
Durante este curso, que foi presentado polo vicerreitor de Comunicación e Coordinador da USC, Xosé Pereira Fariña, impartiranse clases teóricas e prácticas de lingua, literatura e lingüística, así como conferencias e encontros con persoas destacadas da cultura galega.
Unha profesora estadounidense de español, Ana Maria Anderson, explicou a Europa Press que a súa visita a Compostela débese á tese doutoral que está a realizar sobre o contacto entre o galego e o castelán. O seu interese polo idioma, indicou, procede da súa estancia na capital galega como estudante de Lingüística. "Collín morriña", chanceou Anderson, quen prefire "escapar do turismo de praia" para acudir, en España, a cidades "máis culturais".
Por outra banda, unha estudante rusa de español, Anastasia Ogeva, indicou que o seu interese polo idioma procede de Granada, onde recibiu clases de galego durante a súa estancia de Erasmus. O profesor da mesma materia foi quen lle informou sobre o curso que ofrece a USC até finais do mes de xullo.
INTERESE INTERNACIONAL POR UN IDIOMA "PROBLEMÁTICO"
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, deu a benvida e animou a todos os estudantes estranxeiros a ser "representantes do galego", un idioma que foi "problemático" na sociedade ao longo da historia.
Así, reivindicou o estudo do idioma e da cultura por parte de persoas doutras procedencias, xa que, segundo manifestou, "a mirada allea é moitas veces máis perspicaz que a propia".
Neste sentido, Xesús Alonso Montero fixo mención a algúns estudiosos procedentes de países como Alemaña e Estados Unidos, que traduciron obras de Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Manuel María ou Vincente Risco aos seus idiomas. Tamén, quixo lembrar a dous estudantes gregos que estaban inscritos no curso e que non puideron acudir.
Ademais, finalizou o acto animando aos 65 mozos internacionais a "tomar un ribeiro na Rúa do Franco, comprar unha antoloxía de Rosalía de Castro" e chanceou con eles acerca de que poden utilizar apelativos autóctonas como "miña carapuchiña".
GALEGO E UNIVERSIDADE
A 27 edición dos cursos para estranxeiros sobre lingua e cultura galegas, que leva celebrando no seo da USC desde 1988, ten como director a Henrique Monteagudo, quen proclamou no acto que os estudos en galego "son cada vez máis importantes" na comunidade universitaria internacional.
Da mesma forma expresouse o secretario xeral de Política Lingüística, que cualificou aos estudantes de "mensaxeiros e faros" da lingua e cultura propias de Galicia.
O director do Instituto da Lingua Galega (ILG), Ernesto González Seoane, agradeceu repetidamente o apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a esta iniciativa, a pesar de "as situacións económicas" que están a vivir as universidades galegas, en referencia velada ás reclamacións dunha mellora do financiamento para as institucións universitarias galegas e, en concreto, polas reclamacións que realiza o reitor da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario