En 2014 a Xunta puxo en marcha o proxecto Educación Dixital no que se incluía unha plataforma virtual de aprendizaxe chamada a substituír progresivamente os libros de texto, e que foi adxudicada a Netex Knowledge Factory para “desenvolver o contido curricular na plataforma virtual e poñela a disposición de alumnos e profesores ao comezo de curso” e, segundo a Asociación Nacional de Libros e Materiais de Ensino (ANELE) conseguiron facer tal “en tan só un mes e medio” cando normalmente proxectos das características de Surprise! Supoñen 3-4 anos de traballo.
A Xunta xa adoptara medidas o pasado novembro
Dende a Oxford University Press piden “a retirada dos contidos plaxiados así como a correspondente indemnización” como responsable dun “posible delito contra a propiedade intelectual” ao que dende a AMTEGA responden asegurando que abriron un expediente sancionador a Netex, á vez que detallan que cando souberon deste problema o pasado mes de novembro xa procederon a “remitir novos contidos para substituír os anteriores”.Dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia matizan que “é o provedor o que ten que garantir o cumprimento da propiedade intelectual. No momento que se tivo a máis mínima sospeita de que iso non era así procedeuse á substitución de contidos e á apertura dun expediente sancionador á empresa”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario