O responsábel nacional da organización estudantil Brais Fortes denuncia que “a Universidade converteuse en creadora de man de obra barata”.
“Unha estafa, un insulto á intelixencia do estudantado”, así define Brais Fortes, responsábel nacional de Comités, o decreto 3+2 que aprobou o Ministerio de Educación do ministro Wert sen case apoios na comunidade universitaria. “O Goberno do Partido Popular, coa escusa da mobilidade, pretende volver a un sistema de 3+2 anos, mais cun sobrecusto na matrícula inasumíbel pola maior parte da poboación” apunta Fortes. “Isto, xunto a un maior intervencionismo das empresas, está a desencadear o desmantelamento das universidades públicas” engade.Comités anima a participar da folga estudantil do 26 de febreiro“Nos últimos anos as universidades pasaron de ser centros de coñecementos a creadoras de man de obra barata”, denuncia Comités. “O prezo de cada ano de mestrado sitúase entre o dobre e a tripla do prezo dun ano de grao” anunciaba con preocupación Fortes. Ademais, tamén incide nas bolsas para o grao que “endureceron as súas condicións académicas con respecto ás licenciaturas, mentres nos mestrados esixen unha nota media de notábel para obter a bolsa”. Mentres tanto as bolsas reduciron a súa contía máis dun 20% en tan só dous anos”.
En definitiva, resume Fortes “non podemos facer outra cousa máis que, rexeitar este novo ataque ao ensino público. É preciso organizarse e loitar polo dereito ao ensino público e, o vindeiro 26 de febreiro na Galiza, na folga estudantil, teremos unha oportunidade para mostrar o noso rexeitamento a estas medidas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario