A presidenta da principal asociación de ANPAS de Galicia lamenta que a Xunta conceda espazo ao idioma luso despois de reducir as horas no idioma propio.
Non todos están a recibir ben o Memorando de Entendemento para a
Adopción do Portugués como Lingua Estranxeira de Opción e Avaliación
Curricular no Sistema Educativo Non Universitario da Comunidade Autónoma
de Galicia. Despois dun lustro de promesas incumpridos sobre o
achegamento ao portugués, a Xunta de Galicia concretou esta semana un pacto con Portugal polo
que a língua do país veciño poderase cursar como optativa no ensino
medio a partir do vindeiro curso, como xa se fai hai anos na autonomía
de Extremadura.
A presidenta da CONFAPA, a maior confederación de asociacións de pais
de alumnos de Galicia, non cuestiona a promoción do portugués -de feito
asegura que "meter outra lingua está ben"- pero critica que se faga sen
aumentar o tempo para o galego. "Por que non se lle dá oa galego o 50%
que lle corresponde a nivel educativo, e queda nun 30%?" preguntouse en
declaracións a Radio Coruña. Na súa opinión "meter outra lingua está
ben, pero non é o momento" pois "primeiro haberá que asentar a nosa
lingua" e "primeiro haberá que defender o que hai que defender".
Unha postura de todo diferente mostran dende a Asociación de Docentes de Portugés na Galiza.
Unha voceira declarou hoxe á Cadena Ser que a entrada deste idioma do
ensino favorecerá aos nenos porque van "aprender estruturas que estamos
deixando de usar por influencia do castelán" e permitirá aos galegos
"comprender outras culturas que até agora non entendiamos porque non
ollábamos para elas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario