O obxectivo é crear ou melloras as entradas existentes na Wikipedia en galego sobre cultura libre e software libreSe o pasado mes de novembro o primeiro Editatón da Galipedia, celebrado en Lugo, centrouse na ciencia e nos seus profesionais, nesta ocasión o obxectivo é crear ou melloras as entradas existentes na Wikipedia en galego sobre cultura libre e software libre. Software privativo, Copiade, malditos!, MOOC, Cultura libre, Datos abertos, Licenzas Creative Commons, Hardware libre, Arquitectura aberta, Bitcoin, Educación aberta ou Impresora 3D son algúns dos artigos que se propón crear, mentres que se quere desenvolver ou corrixir a información existente sobre Arduino, Inkscape, GIMP, Creative Commons, Copyleft, Chamilo, MySQL ou Proxecto GNU.
Tamén sinalan como un obxectivo importante "a colaboración da xente do ensino para que achegue a creación de materiais que poidan ter uso nas aulas, ou calquera outra xanela aberta cara o coñecemento"Pódese participar no editatón de xeito virtual, dende a casa, colaborando na creación ou mellora desta entradas, pero os seus organizadores instan á asistencia presencial, para incidir precisamente nesoutros obxectivos de construción e coñecemento da comunidade. De feito, para ese día 28 está programado un obradoiro de introdución á Galipedia e á edición co Editor visual. De igual xeito, ademais da creación e mellora de artigos relacionados coas tecnoloxías e a cultura libres, dende Galpon tamén sinalan como un obxectivo importante "a colaboración da xente do ensino para que achegue a creación de materiais que poidan ter uso nas aulas, ou calquera outra xanela aberta cara o coñecemento".
Os organizadores pídenlles aos posibles participantes que, asistan presencialmente ou non, se inscriban previamente, para facilitar a organización do traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario