"Detectamos que había un nicho informativo que non estaba suficientemente tratado, pois os xornais xeralistas non ofrecen información abonda e non teñen seccións específicas, a pesar do peso tan importante que o agro ten na economía galega. Non había tapouco un portal informativo que se dirixise aos profesionais do sector abranguendo todos os aspectos da actualidade do campo, dende o leite, á horta, á gandaría, o sector forestal...", destaca David González. "Ademais"-continúa- "como nos dicía o xerente dunha explotación gandeira de Mazaricos, a visión que os medios dan do agro é moi urbanita, non hai conexión entre a xente que vive e traballa no agro e a xente que vive na cidade, a pesar do pasado e presente de Galicia e de que a maior parte das familias veñen da zona rural".
"A visión que os medios dan do agro é moi urbanita, non hai conexión entre a xente que vive e traballa no agro e a xente que vive na cidade"Campo Galego quere contar o día a día do agro dende un punto de vista positivo, axudando a divulgar iniciativas exitosas e pioneiras, subliña David González: "Hai unha visión moi centrada en crises, en protesta, pero non se recolle o día a día, un sector moi dinámico, no que a xente se preocupa por mellorar e innovar a súa explotación continuamente". "Hai iniciativas novidosas que se están poñendo en marcha, o que lle falta ao sector para facerse visible é organización", conclúe.
"Hai motivos para a reivindicación, por suposto" -engade Gonzalo Brocos- "pero hai moita xente que está moi contenta co seu traballo, que ten calidade de vida e que está desenvolvendo moitas experiencias de traballo asociativo e de innovación que é importante que se coñezan, tanto por parte da sociedade como por parte do colectivo de profesionais do sector. Moitas veces o único que se traslada nos medios é unha sensación de queixa permanente que desvirtúa a imaxe que a xente se pode formar do agro. Digamos que a parte come o todo".
"Hai iniciativas novidosas que se están poñendo en marcha, o que lle falta ao sector para facerse visible é organización""Queremos afondar en temas de innovación, tentar facer de transmisores e divulgadores da investigación agraria que se está facendo", comenta. "E tamén divulgar experiencias asociativas: A noticia que máis se leu nestes primeiros días foi a dun grupo de explotacións de Mazaricos que se xuntaron para producir forraxe en común", di. "Queremos contribuír a incrementar a autoestima da xente, vencendo o que algún autor denominou 'cultura do desánimo compartido'", sinala.
"Queremos contribuír a incrementar a autoestima da xente, vencendo o que algún autor denominou 'cultura do desánimo compartido'"Entre os temas nos que o xornal se vai centrar nos vindeiros meses destaca, no sector leiteiro, a fin do sistema de cotas, que terá lugar a partir de abril, destacan. Porén, o portal recolle e recollerá a actualidade diaria de moitos outros sectores, coma a viticultura, o sector forestal ou información de servizo que sexa útil para os profesionais, por exemplo os últimos datos actualizados de cotizacións e prezos.
A quen se dirixe Campo Galego? En primeiro lugar aos e ás profesionais do agro. Pero tamén vai dirixido a un público máis urbano, que cada vez demanda máis unha alimentación con produtos de calidade e de proximidade.A quen se dirixe Campo Galego? En primeiro lugar aos e ás profesionais do agro e en xeral a todas as persoas que viven no rural galego. Porén, os seus contidos poden interesar un público mesmo máis amplo. Por exemplo, lembra Gonzalo Brocos, a sección de agroalimentación vai dirixida a un público máis urbano, que cada vez demanda máis unha alimentación con produtos de calidade e de proximidade. E o mesmo sucede coa sección de horticultura, "pois hai moita xente, mesmo nas cidades, que ten horta na casa". Ou a actualidade do sector forestal, pois, en Galicia hai máis de 700 mil propietarios forestais, "un tema que afecta a case todas as familias", subliñan.
"Algo ao que tamén queremos contribuír é a mellorar a imaxe do agro no conxunto da sociedade, a prestixialo tanto no rural como nas zonas urbanas. No propio rural, o traballo agrario é considerado moitas veces como a última opción, cando é un traballo que pode ofrecer maior calidade e nivel de vida que moitos outros", destacan. "É importante que se coñeza tamén todo o que achega o traballo no campo: seguridade alimentaria, xestión do medioambiente e impacto no nivel de renda do conxunto da poboación das principais comarcas rurais de Galicia, entroutras cousas", din.
"Algo ao que tamén queremos contribuír é a mellorar a imaxe do agro no conxunto da sociedade, a prestixialo tanto no rural como nas zonas urbanas"A este respecto, rematan lembrando unha campaña de vallas publicitarias nas estradas que fixeron unha vez en Sudáfrica, que viña dicíndolles aos condutores algo así:
"- ¿Vostede come tres veces ao día?
- Agradézallo a agricultores e gandeiros".
Ningún comentario:
Publicar un comentario