O Goberno do PP e o seu lamentable
Ministro de Educación, Jose Ignacio Wert, queren acabar cunha das
conquistas máis importantes para os mozos e os traballadores: o acceso á
formación superior para a inmensa maioría das familias. Queren volver
ao modelo no que soamente quen tiña diñeiro podía estudar e o motivo
para iso é moi claro: queren que só unha minoría de privilexiados poida
acceder á formación superior porque son os únicos que teñen garantidos
os bos postos de traballo. Para os demais, a inmensa maioría, preparan
un futuro de paro e precariedade e así, ao quitarnos a posibilidade de
acceder a estudos superiores e de ter unha boa cualificación, bótannos a
un futuro no que teñamos que aceptar calquera traballo en calquera
condición se non pasar directamente ás listas do paro.
Con esta liña mestra elaboraron todos os
seus plans e reformas educativas. Na Universidade hai varios anos que
sufrimos os efectos do aumento de ata o 66% das taxas, ao mesmo tempo
que se veu producindo unha considerable redución da contía das bolsas e o
endurecemento dos requisitos para logralas. Estas medidas xa provocaron
a expulsión de 45.000 estudantes da Universidade por non ter diñeiro,
pero a súa carreira por destruír a Universidade Pública continúa a toda
présa para poder chegar o máis lonxe posible nos seus plans elitizadores
antes de que os botemos da Moncloa.
Como afectará o decreto 3 +2 aos estudantes
O decreto 3 +2 pretende cambiar a
estrutura das ensinanzas universitarias por completo. Ten en realidade
as implicacións dunha nova lei, pero para facer o menor ruído posible e
aprobala ás agachadas e coa maior celeridade, o PP formula impoñela por
decreto, aprobándoa no Consello de Ministros da próxima semana para que
se aplique a partir do mes de Setembro de 2015, é dicir, dende o comezo
do curso que vén.
Depreciación dos graos: pasarán de catro a tres anos e converteranse en papel mollado no mercado laboral
O cambio fundamental radica en que os
actuais graos, que constan de catro anos pasarán a tres. Segundo explica
o borrador do decreto estes terán un carácter "básico" e "xeralista", é
dicir que non serán suficientes para adquirir a cualificación necesaria
para desempeñar unha profesión de alta cualificación no terreo laboral
como avogado, xornalista, enxeñeiro, enfermeiro... Para obter esa
cualificación "especializada" - segundo o texto do decreto - será
necesario cursar un máster que pasará da duración actual dun ano a dous
anos, co correspondente desembolso económico.
Para obter un título válido no mercado laboral haberá que pagar dous anos de máster a prezos inasumibles para a maioría.
Para facernos unha idea do que supón
isto, podemos tomar como exemplo os prezos actuais dos masters que se
ofertan en universidades públicas. O custo, por exemplo, dos masters dun
ano na Universidade Complutense de Madrid, a primeira en número de
alumnos, oscila entre 4.000 e 7.000 euros anuais. A partir da entrada en
vigor do novo decreto teremos que afrontar o pagamento de dous anos de
máster que poden oscilar entre 8000 e 14000 euros para poder obter un
título universitario que sexa recoñecido no mercado laboral. Así está
claro que será tan só unha minoría privilexiada quen poida custearse os
estudos universitarios que poderán ascender tranquilamente a máis de
20.000 euros.
Suprimiranse graos e despedirase miles de profesores.
O paso dos graos actuais aos novos graos
de tres anos de carácter básico e xeral, supoñerá que moitos dos graos
actuais se fusionen con outros da mesma rama, co cal se suprimirán
moitos dos que existen actualmente.
Por outro lado, esta reforma terá tamén
efectos desvastadores entre o profesorado. Se actualmente xa existe unha
clara barreira económica entre os estudantes de grao e máster polos
prezos que supón (do 1,4 millóns do total de estudantes universitarios,
só son en torno a 100.000 son os que actualmente poden estudar un
máster), é doado facerse unha idea que cantos profesores sobrarán cando
se suprima un curso enteiro nos graos. Que pasará cos profesores que
imparten actualmente a súa materia a uns 325.000 estudantes? Nuns anos
procederase a despedir miles de profesores da Universidade.
A que estudantes afectará o decreto 3 +2?
Aínda que a entrada en vigor do decreto
será en Setembro deste ano, os afectados non serán só os que comecen a
Universidade a partir do próximo curso, senón tamén os que xa están a
estudar actualmente. Tal e como especifica o borrador que Wert pretende
aprobar, este decreto aplicarase aos estudantes que anteriormente
tivesen comezado graos que vaian cambiar de 4 a 3 anos. É dicir, que se
estás en segundo curso pero o teu grao pasa a ser de 3 anos, se che
aplicará o novo decreto.
Por se isto non fose suficiente, o
efecto de depreciación do título de grao afectará tamén ao conxunto dos
xa graduados e licenciados, xa que a consideración do título de grao ou
licenciatura terá menos validez no mercado laboral e se nos exijirá un
máster de "especialización" que a maioría non temos.
Non o podemos permitir! Non á elitizacíón da Universidade Pública!
O decreto 3 +2 é un ataque grave, unha
auténtica bomba contra a Universidade pública. Se este se chega a
aplicar, supoñerá o peche definitivo das portas da Universidade para os
que somos fillos de traballadores, é dicir, para a inmensa maioría.
Volverase á Universidade de hai décadas, cando só os sectores máis
adiñeirados, tiñan acceso a esta. Aos que provimos de familias obreiras,
de barrios humildes, aos que temos aos nosos pais ou irmáns no paro
negarásenos o dereito a poder estudar na Universidade.
Dende o Sindicato de Estudantes pensamos
que só esta medida, merece unha resposta da maior contundencia por
parte de toda a comunidade educativa. Pero o certo é que este decreto se
une aos recortes de 7.000 millóns de euros que xa se levaron a cabo na
escola pública nos últimos anos, ao despedimento de 32.000 profesores, á
aprobación da contrarreforma franquista da educación - LOMCE-
É o momento de responder con toda a forza. Por iso é necesario que
tanto os estudantes coma os sindicatos do profesorado - CCOO, UGT, STES e
as organizacións de pais - CEAPA - volvamos encher as rúas nunha nova
folga xeral de 72 horas de toda a comunidade educativa.
Non á privatización da Universidade!
Non ao decreto 3 +2!
A loita é o único camiño!
Non ao decreto 3 +2!
A loita é o único camiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario