O portavoz nacional, Xavier Vence, fala de 2 requisitos sobre os que construñir o futuro do sistema de financiamento da universidade: calidade de servizos e dotacións, e que o diñeiro non sexa peneira á hora de acceder a ela.
O portavoz nacional do BNG mantivo unha reunión con representantes de colectivos que integran a Universidade de Compostela -persoal docente e investigador, persoal administrativo e estudantado- nas que defendeu que “ como parte do futuro do país a universidade ten que ser unha aposta estratéxica”. Xavier Vence considera que para enfrontar “a degradación do ensino” que supón a última proposta do PP (3+2 cómpre “fixar unha posición común das tres universidades galegas”.Posición que, dixo, “debe ser asumida pola Xunta, que inclúa títulos uniformes sen custe maior dos en relación aos graos, e que nas tres universidades o custe dos créditos sexa idéntico para favorecer o acceso do alumnado aos dous niveis”.
O BNG tamén debateu co persoal docente e investigador, co persoal administrativo e co estudantado a situación do financiamento universitario, -en plena renovación-, e o sistema de bolsas. Vence defendeu un debate aberto e “que non sexa levado ás agachadas desde a Consellería de Educación”, cuxos anuncios para o futuro plan de financiamento plurianual “van na dirección equivocada porque insisten nos recortes”, alegou.
Para as e os nacionalistas o futuro sistema de financiamento universitario debe responder a dous requisitos: garantir a calidade dos servizos e das dotacións básicas e que ningún alumn@ capaz de acceder á universidade quede fora por falta de recursos. “Isto implica unha dotación económica que non debería baixar dos 450 millóns de euros anuais, – un 5,3% do orzamento autonómico con cifras de 2015-, fronte os 374 millóns de euros deste exercicio, e garantir ao persoal docente e investigador necesario, hoxe en risco pola taxa de reposición”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario