Desde a CIG-Ensino lamentamos que sobre un mesmo asunto, un mesmo tribunal, dite sentenzas diferentes. Podedes ler a última no interior desta nova.
A CIG-Ensino urxe a Consellaría de
Educación a que, unha vez solicitado aclaración ao propio tribunal -xa
que o fundamento sétimo da sentenza correspondese co epígrafe 1.1.2 do
baremo do CXT e non co 1.2 como recolle o fallo da sentenza- actúe coa
máxima dilixencia e celeridade posíbel para resolver definitivamente
este conflito que tantos prexuízos causou e está causando ao
profesorado.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de
publicar, no intervalo de dous meses, tres sentenzas sobre o baremo do
concurso xeral de traslados (CXT) do profesorado do ensino non
universitario, convocado pola Consellaría de Educación no ano 2013. A
última fíxose pública o dia 13 deste mes. Todas estas sentenzas son
consecuencia dos recursos de apelación interpostos por colectivos de
docentes contra a sentenza do tribunal contencioso-administrativo nº 2
de Santiago, que declaraba improcedente a valoración dos servizos
prestados como funcionario interino nos apartados 1.1., 1.2 e 4 do anexo
XIV da convocatoria do CXT.
Desde a CIG-Ensino lamentamos que, malia o curto intervalo de tempo entre as dúas primeiras sentenzas e esta última, sobre un mesmo asunto, un mesmo tribunal, dite sentenzas diferentes, cando o lóxico e razoábel seria que unificaran de antemán os fundamentos e que as sentenzas non diferiran nos seus fallos.
A sentenza, publicada o día 13 de febreiro, é coincidente coa posición mantida pola CIG-Ensino ante a modificación introducida, unilateralmente, pola consellaría no baremo do C.X.T do ano 2013. A CIG-Ensino sempre entendeu que a puntuación que se debe considerar como servizos era a correspondente ao apartado 1.2.1. É dicir, a que corresponde aos servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario. No entanto, a Consellaría considerou e baremou tamén os servizos como persoal interino e substituto no apartado 1.1.2 como persoal funcionario en situación de provisionalidade, sempre que i se participara desde esta situación ou desde o primeiro destino definitivo.
A CIG-Ensino defende que se consideren os servizos prestados como tales, independentemente da situación administrativa en que se prestaran, mais non é razoábel que se consideren os anos de interino/a como provisionais (cuestión na que coincide esta última sentenza) . A CIG-Ensino desde que tivo coñecemento da posición da Consellaría procurou que a puntuación referida á situación de provisionalidade unicamente se considerara para os funcionarios e funcionarias de carreira. Como é sabido, no apartado 1.1.2, a puntuación dos anos provisionais responde a que en diferentes especialidades, unha vez aprobadas as oposicións, permanecíase e/ou permanécese moitos anos sen destino definitivo e cumpría compensar con esa puntuación a non adxudicación de destino definitivo. Por tanto, para a CIG-Ensino, a puntuación de provisionalidade debería ir asociada exclusivamente á condición de funcionario/a de carreira, téndose só en conta para esta situación administrativa, tal como tamén determina agora a sentenza do TSXG.
A CIG-Ensino urxe a Consellaría de Educación a que, unha vez solicitado aclaración ao propio tribunal -xa que o fundamento sétimo da sentenza correspondese co epígrafe 1.1.2 do baremo do CXT e non co 1.2 como recolle o fallo da sentenza- actúe coa máxima dilixencia e celeridade posíbel para resolver definitivamente este conflito que tantos prexuízos causou e está causando ao profesorado.

Documentos
20150213 III Sentenza CXT do TSXG
Ningún comentario:
Publicar un comentario