O Ministerio de Educación recoñece que no ensino superior en Galiza reducíronse 106 PDI (docentes e investigadores) no curso 2013/2014. No conxunto do Estado foron 1.281. Mentres, nas universidades privadas o cadro de persoal de PDI aumentou en máis de mil.
Un total de 106 docentes e investigadores (PDI) perderon o seu posto nas universidades galegos no curso 2013/14, unha cifra que se eleva a 1.281 no conxunto do Estado español. Así o recoñece o propio Ministerio de Educación na súa estatística de persoal, onde di que no curso pasado tamén se perderon 1.250 traballadores de administración e servizos (PAS) nas universidades públicas do Estado español. Paralelamente, e nese mesmo período, as universidades privadas viron aumentar en 1.020 docentes e investigadores o seu cadro de persoal e en 480 persoas o PAS. A pública perde traballadores e investigadores mentres a privada vai aumentándoos.Se tomamos de media a duración do curso universitario en nove meses (uns 270 días naturais, non só lectivos), e que os PDI se reduciron en 106, a media dá a perda dun docente e investigador cada dous días e medio.
Galiza foi o quinto territorio do Estado onde baixou máis o número de PDI (106 menos), só por detrás de Madrid. Catalunya, Andalucía e Valencia; e por diante de Euskadi, Nafarroa ou Canarias. E houbo seis territorios onde mesmo aumentou o plantel de docentes e investigadores, como foi o caso de Atagón, Balears ou Extremadura, entre outros.
Un dado destacábel é que no número total de PDI das universidades públicos no Estado español a cifra de homes reduciuse no mencionado curso en 1.373 mentres que o de mulleres aumentaba en 98.
Ningún comentario:
Publicar un comentario