Segundo informa EFE, o Ministro de
Educación, José Ignacio Wert, declarou na rolda de prensa posterior ao
Consello de Universidades ao ser preguntado pola folga estudantil en
institutos e universidades convocada para os días 25 e 26, que os
argumentos utilizados polo Sindicato de Estudantes sobre o decreto 3 +2
parten de "unha mala lectura ou dunha deficiente comprensión" deste.
Dígoo con franqueza e sen ningún ánimo descalificatorio", destacou Wert.
O ministro mostrouse contrario á maior parte das apreciacións que
formulou o Sindicato de Estudantes para rexeitar este real decreto, do
que dixo que máis que denominarse "3 máis 2" sería "máis ben 4 menos 1".
Tamén cualificou de "erro" o asimilar que os coñecementos en novos
graos de 3 anos vaian ser menores que nos actuais de 4 anos.
Señor Ministro. Dicímoslle con franqueza, e sen ningún ánimo descalificatorio, que os seus argumentos nin coan nin enganan a ninguén. Millóns de estudantes vivimos a realidade das súas políticas: recortes masivos, despedimentos de miles de profesores, incrementos brutais das taxas académicas, diminución das bolsas, e agora, un decreto para enriquecer os seus amigos das universidades privadas e pechar a cal e canto o dereito aos estudos superiores para os fillos dos traballadores. O 25 e 26 millóns de estudantes volverémosllelo dicir con franqueza e sen ánimo descalificatorio: Ministro mírache xa!

Ningún comentario:
Publicar un comentario