Segundo as análises do Instituto Galego de Estatística baseadas na Enquisa de Poboación Activa (EPA) no 2007, derradeiro ano do período considerado como de bonanza económica, un pouco máis do 5% da poboación galega de entre 0 e 17 anos residía en fogares nos que ningún dos seus membros estaba ocupado, isto é, ou ben estaban en situación de desemprego malia procurar un traballo ou ben estaban en situación de inactividade, caso por exemplo das persoas xubiladas. Cinco anos despois, en 2012, esta porcentaxe subira ata o 12,2% e no remate de 2014 aínda era o duplo que en 2007, o 10,8%.
Máis de 40.000 nenas e nenos viven en fogares sen ningunha persoa ocupadaEste incremento dos nenos e nenas residentes en fogares nos que ninguén traballa produciuse nuns anos nos que a oscilación da poboación infantil no país foi escasa, toda vez que as 388.826 persoas menores de idade contabilizadas polos padróns municipais en 2014 eran só 743 máis que en 2007. Este incremento de apenas o 0,2% no número total de nenas e nenos contrasta co aumento do 100% experimentado pola infancia que medra en familias nas que ninguén traballa, a cal pasou de algo menos de 21.000 persoas en 2007 a algo máis de 41.000 sete anos máis tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario