A empresa galega Redegal, unha das nosas máis
activas axencias de desenvolvemento web e ecommerce, vén
de anunciar a súa intención de incrementar equipo de traballo.
Máis polo miúdo, do que se trata é de facerse con programadores
para as plataformas de comercio electrónico Magento e Prestashop e
para o desenvolvemento de aplicacións móbiles, tanto para iOS como
para o sistema Android. Requisito fundamental: os aspirantes deben
coñecer ben a tecnoloxía a empregar e “saber googlear
cando a ocasión así o requira”. Por suposto, valorarase moi
positivamente o entusiasmo, a arela de facer ben as cousas e a
capacidade para traballar en equipo.
Na procura de
programadores para Redegal (que pasarán a formar parte da área de
produción da empresa galega) teranse en conta diferente estudos
relacionadas coas TIC, partindo da base (e de aí para arriba) da
Enxeñaría Técnica e/ou a Diplomatura en Informática ou
Telecomunicacións. Tamén se valorará moi positivamente ter
experiencia en PHP e MVC e atesourar coñecementos de control de
versións (“sobre todo a ferramenta GIT”). En compensación,
Redegal ofrece a posibilidade de “incorporarnos a un equipo de
xente nova e altamente cualificada e con desexos de embarcarse nunha
empresa en crecemento”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario