Para entender a importancia
deste acordo abonda con afondar un pouco no idioma portugués: agora
mesmo é a sexta lingua máis falada no mundo. Once países de Europa, de
América e de Asia téñena como lingua oficial. Calcúlase que hai 217
millóns de persoas no planeta que falan portugués. A proximidade física
entre Galicia e Portugal fai que moitos galegos queiran aprendela. E a
maioría recoñecen que estudando portugués descobren unha cultura moi
próxima á nosa.
Clase de portugués intermedio na Escola Oficial de Idiomas de Santiago. Para o alumnado galego, estudar portugués ten certas vantaxes. Pero mais aló dos motivos prácticos, quen se achega ao portugués descobre unha porta aberta a unha cultura intimamente próxima. E a esa conexión engádese outro enriquecemento, o de aprender un idioma con elevado valor comercial. As escolas oficiais de idiomas observan nos últimos anos un interese crecente polo estudo do portugués como lingua estranxeira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario