mércores, 11 de febreiro de 2015

Os Bolechas levan o entroido ás escolas

Peliqueiros, pantallas, xenerais ou folións entran na escola da man dos Bolechas que achegan ás crianzas o noso entroido nunha unidade didáctica. 

Ao dispor na rede para nais, pais e profesorado, Os Bolechas ofrecen unha unidade didáctica para achegar á cativada ao entroido tradicional galego por medio dos populares personaxes da familia creada por Pepe Carreiro.
Verín, Vilaboa, Chantada ou Laza son algúns dos lugares visitados polas crianzas Bolechas para mostrar o entroido máis tradicional e as súas peculiaridades. Exercicios, xogos, receitas e información compoñen este material didáctico que quere informar a nenas e nenos dunha das tradicións máis festexadas.
A unidade, elaborada coa colaboración de profesionais da pedagoxía e a educación infantil, ofrece tamén xogos, ditos, receitas ou mesmo a posibilidade de reproducir as carautas dos coñecidos personaxes a familia Bolechas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario