O 22M volve a Madrid porque, un ano despois, "as condicións da vida do pobo non variaron e segue medrando a dor e o desastre"Así o asegura o 22M galego no seu manifesto para o vindeiro 21 de marzo, no que denuncia "a complicidade entre o FMI, o BCE e a UE cos poderes políticos e empresarias" para "nos levar a unha situación terrible". Logo de facer un repaso da precaria situación da cidadanía e dos dereitos laborais e sociais, a Columna Galega asegura que volverá a Madrid para "dicirlles aos poderosos" que "xa abonda de nos roubar vivendas, empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos imprescindibles para levar unha vida minimamente digna".
O manifesto insiste en "berrar" tamén contra "o espolio dos dereitos básicos" como "a liberdade de manifestación, a liberdade de expresión, a liberdade de folga, a liberdade sindical, a liberdade de defendernos firmemente das súas agresións e enfrontarnos aos seus intentos de deixarnos sen presente e sen futuro". A Columna Galega, un ano despois de se mobilizar en Madrid, volve denunciar un sistema "corrupto e xerador de desigualdades abismais e de inxustiza social", négase a aceptar "o seu concepto de débeda, que pretende atrapar o pobo nunha escravitude perpetua" e clama por "unha sociedade xusta, libre e igualitara para ter unha existencia merecente de ser vivida".
A Columna Galega das Marchas da Dignidade insiste en denunciar un sistema "corrupto e xerador de desigualdades abismais"A Columna Galega, ao igual que a coordinadora estatal, "seguirá a exixir" con esta manifestación "a restitución ao pobo dos 120.000 millóns entregados ao poder financeiro, a derrogación da lexislación laboral e de pensións que tanta dor teñen espallado entre a clase traballadora" ou "a reversión das medidas destrutoras, privatizacións, desmantelamento e recortes dos servizos públicos, tanto en sanidade como en educación, en servizos de emerxencia, en comunicacións e transporte publico e en enerxía".
Ao tempo, reclama "o retorno ao ámbito da xestión pública das empresas de sectores esenciais para a vida e dos servizos sociais e sanitarios", un "dereito á vivenda digna inembargable", "á libre decision sobre a saúde sexual e reprodutiva", a "retirada da lei Mordaza" e a promulgación de políticas "que desenvolvan a nosa agricultura, a nosa pesca, e o noso medio ambiente, como sectores estratéxicos e sustentadores da vida".
A marcha do 21 de marzo será previa a unha convocatoria de folga xeral prevista para outonoEsta nova marcha, que precede a unha convocatoria de folga xeral prevista para o mes de outubro por parte do 22M, chega en pleno ano electoral e celebrarase a mesma fin de semana dos comicios en Andalucía e a dous meses das eleccións municipais. Será unha nova proba de forza para unha Columna Galega que logrou encher o Obradoiro o pasado 29 de novembro e que colleu músculo tras ser impulsada por varios sindicatos como a CUT, CGT, Sindicato Ferroviario ou Sindicato da Elevación e á que se foron sumando organizacións como SLG, STEG, Anova, FPG, Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista, así como de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario