INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 24 de febreiro de 2015
Mesa redonda: achegamento a Afonso Daniel R. Castelao. 25 de febreiro ás 19.30. Museo do Pobo Galego. Santiago
Dentro dos actos de divulgación da vida e obra de Castelao en apoio á ILP sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo Pobo Galego,
promovida pola Federación Galiza Cultura, a AS-PG, a CIG-Ensino e A
Mesa pola Normalización Lingüística, terá lugar esta cuarta feira
(mércores) ás 19.30 no Museo do Pobo Galego en Santiago a mesa redonda: Achegamento a Afonso Daniel R. Castelao,
coa presenza de tres expertos na súa vida e obra: Paulo Porta, Xoan
Carlos Garrido e o membro da permanente da Mesa Manuel Rei Romeu. No
acto participará tamén a coral da Asociación Cultural e Musical Solfa,
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario