O novo medio está orientada ao sector profesional agro-gandeiro e tamén ofrecerá información de carácter técnico que sexa de utilidade para os produtores.
Galicia conta, desde este martes, con un novo medio en galego; www.campogalego.com, o primeiro xornal dixital agrario de ámbito galego. O seu obxectivo é informar do que acontece no sector agro-gandeiro galego
poñendo en valor a súa importancia estratéxica para Galicia, tanto
dende o punto de vista económico, como social e medioambiental.
Ao fronte de Campogalego estarán os xornalistas Gonzalo Brocos e David González, que foi responsable, antes de poñerse ao fronte deste novo proxecto, do suplemento GC Agro do Galicia Confidencial. Ambos os dous teñen unha longa experiencia en información agrogandeira.
Campogalego pretende informar da actualidade do sector, pero tamén
ofrecerá información de carácter técnico que sexa de utilidade para os
produtores. Tamén proporcionará información de servizos para os profesionais: meteoroloxía, cotizacións de gando, sección de compra-venda, axudas, axenda de feiras sectoriais…
O outro eixo informativo de campogalego.com son as novidades da
industria agroalimentaria: novos produtos, actividades das empresas,
iniciativas de I+D+I, alimentos saudables, etc.
A redacción de GC dálle a benvida a este novo medio galego e
deséxalles o mellor a Gonzalo e a David nesta nova andaina xornalística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario