mércores, 11 de febreiro de 2015

Este martes ábrese o prazo para a obtención da certificación de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) abre este martes 10 o prazo de inscrición para aspirarmos á obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. A convocatoria achega 180 prazas para o curso de formación previo ao exame presencial. Se queremos participar nesta actividade formativa, debemos ser maiores de dezaseis anos, estar dados de alta na rede CeMIT e ter pagado a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso desenvolverase na modalidade de teleformación con titorías de apoio e estenderase ata mediados do mes de xuño cun total de 190 horas de contidos.
Subministraranse a través deste programa contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade: Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas), Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas), Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas), Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas) e Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
Segundo apunta AMTEGA, os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia recentemente publicada e concretamente na súa modalidade de software libre. As persoas que xa posúan estes coñecementos poden optar ás convocatorias para as probas presenciais sen realizar o curso formativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario