O Quinteiro do Umia publica un interesante traballo audiovisual sobre o impacto real da chamada "austeridade" no día a día ensino público. Alumnos con problemas para mercar libros, mestres que teñen que impartir materias das que non son especialistas e profesores que teñen que correr dun centro a outro todos os días para impartir clase son algunhas desas consecuencias.
Eladio Fernández, mestre do IES Antón Losada da Estrada, a José Manuel García, mestre no CPI Don Aurelio de Cuntis e Martín Torres, alumno tamén de Cuntis son algunhas das testemuñas incluídas nesta reportaxe:https://www.youtube.com/watch?v=jkcw-m71lDc
En opinión dos autores a política de recortes "producirá un modelo educativo que non atalla as desigualdades sociais, senón que as aumenta".
Ningún comentario:
Publicar un comentario