Galiza Nova acaba de desenvolver nos centros educativos das comarcas
unha campaña para difundir a folga estudantil deste xoves contra o
decreto que permite ás universidades crear graos de tres anos e dous
máis de máster. A medida, que se aprobou o pasado 30 de xaneiro,
permitirá que "só as elites poidan estudar", polo encarecemento dos
máster, segundo o delegado de Galiza Nova na zona, Alberte Mera.
Galiza
Nova ten claro que a reforma do sistema educativo universitario -só
cinco anos despois da entrada en vigor, en 2010, do Plan Bolonia- "é un
ataque brutal contra o ensino público, co que se pechan as portas da
universidade á maioría dos estudantes". A organización xuvenil do BNG
repartiu material e mantivéronse encontros cos estudantes de diversos
centros educativos da comunidade galega. Alberte Mera sinala que a
campaña "solicitou o apoio doutros sectores como o profesorado ou os
pais, afectados tamén por esta política de recortes". Ademais da xornada
de folga, haberá unha manifestación na Alameda de Santiago de
Compostela, a partir das 11.30 horas.
Asemblea da CIG
Por
outra banda, o sindicato CIG-Ensino convoca unha asemblea mañá, ás
18.00 xiras no seu local de cálea Capitán Bernal, na Estrada, para
abordar as oposicións que acaba de convocar a Xunta. Hai 432 prazas para
as especialidades de Primaria, excepto Francés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario