O
feito de xogar é unha actividade que vén de moi antigo, a primeira
referencia sobre “xogos” como tal é do ano 3000 a.C. E que son
os xogos? Pois son unha parte ben importante da experiencia humana e
están presentes en todas as culturas. Cómpre dicir que co paso do
tempo, os xogos van adaptándose a cada época, estando o presente
moi marcado polo mundo dixital no que se desenvolven boa parte das
actividades lúdicas de hoxe. Dándolle a importancia que se merece
ao feito de xogar e aos xogos (incluídos os dixitais) como parte da
nosa cultura, o
vindeiro xoves 5 de marzo celebrarase a xornada Xogar
coa cultura,
que terá lugar no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Praza
do Obradoiro- Compostela).
O
encontro, que estará coordinado pola profesora da Universidade da
Coruña, Carmen Costa, quere pór de manifesto a potencialidade dos
xogos para a educación, a divulgación ou o desenvolvemento persoal
e cultural, entre outras facetas.
E indo ao programa
da xornada, esta comezará cunha conferencia por parte do profesor da
Universidade Pompeu Fabra, Manuel Garin, que analizará o “concepto
de xogo na cultura occidental” para logo introducirse en diversos
exemplos vinculados ás industrias culturais. Despois de describir
ese marco xeral, o programa estruturase en tres bloques. Comezará
coa mesa Para aprender xogando, que incide na relación
positiva que existe entre xogos e aprendizaxe, isto é: o valor do
xogo como estratexia de coñecemento. Nela estarán: Eva Balsa, do
CSIC, para falar do proxecto Kaleidolabs; Irene Lapuente, de La
Mandarina de Newton e Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo
Popular e Tradicional.
Xa na sesión da
tarde terá lugar o módulo Xogar cos públicos, que pretende
incidir nas relacións públicas lúdicas, desde o punto de vista da
boa xestión corporativa. Para iso estarán presentes: a delegada de
Inforpres en Galicia, Luísa Rodríguez e o director de Estratexia e
creatividade en Best Relations, Diego Rivera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario