INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
xoves, 12 de febreiro de 2015
Manuel Rivas e Carlos Negro encandean aos alumnos de Deza
É xa máis que habitual que os escritores
en lingua galega visiten os centros educativos para compartir a súa
experiencia cos alumnos que, máis que ler, devoran os seus libros. Onte
houbo visita por partida dobre. En Silleda, a Casa de Cultura
converteuse nunha enorme clase na que os alumnos de terceiro e cuarto
curso de primaria do CEIP e do colexio María Inmaculada recibiron a
Manuel Rivas e o músico César para ver como pode dramatizarse a obra Ou raposo e a mestra, do
escritor coruñés. Mentres tanto, os alumnos do instituto Marco do
Camballón, en Vila de Cruces, abordaron con Carlos Negro as novas formas
de machismo e de violencia de xénero que se agachan nas novas
tecnoloxías e, como non, na eterna ditadura que impón a sociedade e os
medios ao rol feminino. Diso fala negro nas súas Penúltimas tendencias.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario