Impulsan a creación de clubs de lectura - Organizan actos de rúa para a defensa do idioma - Solicitan a adecuación normativa dos topónimos.
A participación nesta marcha era a primeira data marcada no calendario tras a pasada asemblea celebrada fai menos dun mes en Lalín. O colectivo aprobou neste primeiro encontro apostar por distintas actividades cun obxectivo claro "reverter na medida do posible a situación legal do galego", explicaban desde o colectivo. Por este motivo centran os seus esforzos en actuar nos centros de ensino. "O ámbito educativo é básico e prioritario". De aí, que una das súas liñas de acción a levar a cabo pase por implicar á comunidade educativa e crear clubs de lectura en galego nos centros.
Pero o seu plan de traballo tamén aborda unha dos acenos visibles dun idioma, o respecto da toponimia. Por iso é polo que os seus esforzos tamén se centren neste campo. De feito tiñan previsto levar a cabo unha acción neste sentido en Lalín a semana pasada, que foi posposta polo mal tempo e que se reformulará de face a fixar unha nova data.
Tamén preparan de face aos próximos meses distintas actividades na rúa que visibilicen a "situación de deixamento na que se atopa o galego e o malestar social, en moitos ámbitos e sectores que isto provoca", matizan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario